GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Case 800.000 inmigrantes recibiron a nacionalidade española dende o ano 2000

(17/02/2014)

Case 800.000 inmigrantes recibiron a nacionalidade española dende o ano 2000

lainformacion.com

sábado, 15/02/14

O total de inmigrantes residentes en España que adquiriron a nacionalidade española dende o ano 2000 ascende a 792.913.
Así consta nunha resposta parlamentaria que o Goberno remite ás deputadas socialistas Esperança Esteve Ortega e María Soledad Pérez Domínguez.
En concreto, segundo recolle Servimedia do escrito, o ano 2010 foi o exercicio no que se concederon máis nacionalidades por residencia cun total do 113.005. Ségueo o ano 2011, cando o total de inmigrantes que adquiriron a nacionalidade española se eleva aos 112.209.
O Goberno recorda que, en cumprimento do Código Civil, o prazo de dez anos, coñecido como prazo xeral, é o que se esixe a aquelas persoas que residen en España pero que nin proveñen dun terceiro Estado con vinculacións especiais co noso país nin, por exemplo, se casaron cun nacional español.
É o prazo de dez anos o que o lexislador, segundo o escrito do Goberno, considera axeitado para que o solicitante poida cumprir outro dos requisitos esixidos polo artigo 22 para a obtención da nacionalidade: acreditar o suficiente grao de integración, que supón, entre outros elementos, acreditar un nivel axeitado de español.
Aínda que a propia norma contempla prazos máis breves para outros supostos, debido á súa orixe, e se establece o prazo de dous anos cando se trate de nacionais de orixe de países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial ou Portugal ou de sefardís.
O propio Goberno conclúe que, segundo a lexislación actual, a nacionalidade será máis doada de alcanzar para unha persoa cuxa lingua materna sexa o español que para unha persoa que ás dificultades que ha de facer fronte calquera inmigrante ha de engadir a aprendizaxe do idioma.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas