GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A traxedia de Ceuta desencadea numerosas críticas ao goberno e as forzas de seguridade

(17/02/2014)

A traxedia de Ceuta desencadea numerosas críticas ao goberno e as forzas de seguridade

Óscar Cavadas

lainformacion.com

sábado, 15/02/14

A oposición e varias ONG verten graves acusacións sobre o goberno e o director xeral da Garda Civil, Arsenio Fernández de Mesa.
A Comisaria de Interior, Cecilia Mälmstrom, declarou a súa preocupación polo sucedido pero non houbo ningún contacto oficial co Ministerio de Jorge Fernández Díaz.
Despois da traxedia acontecida na praia do Tarajal, en Ceuta, o pasado día 6 de febreiro na que faleceron xa quince persoas, produciuse unha cadea de explicacións esixidas a Interior. As peticións céntranse principalmente na depuración de responsabilidades, en concreto a de Arsenio Fernández de Mesa, director xeral da Garda Civil.

PSOE e Esquerda Unida

Tal vez a crtítica máis dura fose a da Secretaria de Igualdade dos socialistas, Purificación Causapié, quen dixo en rolda de prensa que se os falecidos "tivesen sido brancos e con DNI español o director da Benemérita non tería ido hoxe a traballar". Causapié asegurou que o seu partido seguirá pedindo que se depuren responsabilidades e se dean explicacións polo acontecido e polas "mentiras".

Pola súa banda a candidata do PSOE ás eleccións europeas, Elena Valenciano, asegurou na súa páxina de Facebook que "ésto non vai quedar así".

Esquerda Unida vai máis alá. Cayo Lara apunta ao ministro de Interior, Jorge Fernández Diáz, como principal responsable. O coordinador federal de IU pediu a súa dimisión e relacionou os feitos acontecidos en Ceuta coa lei de seguridade cidadá.

ONG

Amnistía Internacional e SOS Racismo en España coinciden na "necesidade" de que se abra unha comisión de investigación independente. A subdirectora da ONG para Europa e Asia Central, Jezerca Tigani, definiu a actuación das autoridades fronteirizas como unha "devolución forzosa informal". A organización denunciou un acordo existente entre España e Marrocos para devolver ás persoas inmigrantes que chegan a territorio español, co fin de facilitar algunhas das expulsións.

SOS Racismo xa anunciou que comparecerá nas dilixencias penais que se abran pola causa.

Pola súa banda Cruz Roja cre que estamos ante o desastre humanitario máis grande nos últimos anos acontecido na zona debido ao número de mortos. Esta asociación ten despregado un dispositivo en Ceuta para axudar á Garda Civil se fora necesario.

Unión Europea

A comisaria de Interior de Bruxelas, Cecilia Mälmstrom, tamén se sumou ás críticas sobre a actuación das autoridades españolas o pasado 6 de febreiro. Pero Málmstrom non vertía as súas queixas a través de ningunha canle formal. Aínda non o fixo, segundo dixo o Ministerio de Interior. A comisaria pedía explicacións a España a través do seu perfil en Twitter.

Pola súa banda Jorge Fernández Díaz explicaba este venres no Congreso dos Deputados que as forzas de seguridade utilizaron métodos antidisturbios "de forma proporcionada, os estritamente necesarios". O ministro destacaba que os falecementos se produciran por afogamento e non a causa do uso de material de seguridade. Díaz tamén quixo deixar claro que os inmigrantes que perderon a vida non pasaron en ningún momento a augas españolas. Tamén desmentiu as acusacións de devolucións irregulares.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas