GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O intento de Suíza de preservar o seu modelo castiga o inmigrante español

(17/02/2014)

O intento de Suíza de preservar o seu modelo castiga o inmigrante español


María Teresa benítez de lugo / correspondente en xenebra

Día 16/02/2014 - ABC

Tras ser obrigado a abandonar o segredo bancario, o país protesta limitando a chegada de estranxeiros


Hai dous meses unha familia española provocou un gran balbordo en Xenebra ao levantar unha tenda de campaña diante do luxoso hotel Kempinski, dende onde se dirixía aos atónitos transeúntes pedíndolles diñeiro porque non tiñan de que vivir. Se se restablecen os controis de estranxeiros nas fronteiras suízas, situacións como esta non se volverán producir. A afluencia de españois cara á Confederación Helvética tomara, nos últimos meses, importantes proporcións. Sen controis nas fronteiras era doado vir a probar sorte neste país cunha taxa de desemprego do 3%, protexido da crise económica que azouta o resto do continente europeo e situado a poucas horas en coche da fronteira dos Pireneos.

O atractivo que Suíza ten para os españois forma parte dunha longa historia que se remonta aos anos sesenta, cando trens cargados de temporeiros chegaban para traballar na agricultura. Viñan por poucos meses e durmían en enormes hangares instalados na parte traseira da estación de tren de Cornavin, no centro da cidade.

Máis de cen mil españois están rexistrados oficialmente

Tras a última crise económica, en 2009, o número de chegadas de españois a Suíza empezou a chamar a atención das autoridades de emigración, que contabilizaron en 2011 unha cifra de 4.584 persoas, máis do dobre das 2000 contabilizadas no ano 2007. Durante o primeiro semestre de 2012 as cifras seguían aumentando e superaban á totalidade de 2011. Segundo fontes consulares españolas en Suíza, hai unha cifra total de 111.500 españois rexistrados oficialmente. O grupo máis numeroso, 55.500, está no cantón de Xenebra, seguida polo de Zürich con 31.000 e finalmente Berna, con 25.000 españois. A maioría deles leva anos no país.
Os españois non eran os únicos atraídos por este El Dorado suízo. As autoridades locais rexistraban tamén un importante aumento de portugueses, italianos e gregos en proporción coa poboación residente no país. En 2012, ao notarse un aumento dun 34% na porcentaxe de chegadas, empezáronse a dar os primeiros sinais de alarma.

Medo da poboación

As primeiras cotas de inmigración, que establecían permiso de entrada a só mil persoas, foron impostas a partir de maio de 2012 e eran aplicables aos cidadáns dos países do leste da UE. As autoridades vían de xeito positivo a atracción de Suíza, pero dicían tomar en conta o medo da poboación ante o forte fluxo de poboación inmigrante. Esta situación de descontento foi utilizada polo partido de extrema dereita Unión Democrática de Centro (UDC) para construír a súa campaña contra unha inmigración que, segundo este partido, causa unha deteriorante presión sobre as infraestruturas, fomenta a inseguridade e provoca a baixada de salarios.

Non obstante, a primeira sorprendida polo resultado do referendo celebrado o pasado domingo foi a propia UDC porque tiña poucas esperanzas de éxito e só quería premer o Goberno e o Parlamento para que cambiasen de política respecto á inmigración. Perplexidade tamén por parte da Unión Europea e dos estranxeiros que traballan en Suíza.

Algúns analistas cren que o Goberno suavizará a iniciativa

Viviane Reding, comisaria de Xustiza da Unión, emitiu pouco despois de coñecerse o resultado unha advertencia ao Goberno suízo: «As catro liberdades fundamentais: libre circulación de persoas, de mercadorías, de capitais e de servizos non se poden separar. O mercado único non é un queixo suízo con buratos dentro», afirmou. Algúns observadores políticos son máis pragmáticos e opinan que a situación non vai cambiar de inmediato. Para ser aplicada a iniciativa popular contra a inmigración masiva, terá que ser aprobada primeiro polo Parlamento para ter forza de lei, e logo sempre haberá xeito de negociar para modificar a proposta
Segundo o profesor da Universidade de Ginebra Yves Flückiger, este é un voto de protesta no que os suízos non distinguiron entre os estranxeiros que veñen o país fuxindo da miseria e os traballadores cualificados que chegan para traballar. «Despois de abandonar en 2008 o segredo bancario, por presións da OCDE, os cidadáns queren defender o seu modelo político e social contra vento e marea», afirmou.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas