GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Suíza presentará a finais de ano o proxecto de lei para pór cotas á inmigración

(14/02/2014)

Suíza presentará a finais de ano o proxecto de lei para pór cotas á inmigración

O Consello Federal quere iniciar sen demora as conversacións coa Unión Europea para renegociar o acordo bilateral

Escrito por:
13 de febreiro de 2014  

 

O proxecto de lei para a aplicación da iniciativa de limitar a inmigración en Suíza mediante cotas, que se aprobou en referendo o pasado domingo, deberá estar concluído para finais deste ano, anunciou hoxe o goberno suízo.

A iniciativa «Contra a migración en masa» saíu adiante co 50,3 % dos votos para limitar a entrada de cidadáns de países da Unión Europea (UE) ao seu mercado laboral, a través do establecemento de cotas anuais que se aplicarán nun prazo de tres anos. O primeiro paso para a posta en marcha desta proposta será o desenvolvemento dun plan de execución, que se deseñará de aquí a finais de xuño, para despois levar ao parlamento o proxecto de lei, que se espera que estea concluído para finais de ano, segundo decidiuse hoxe na reunión semanal do Consello Federal da Confederación Helvética.

Para mediados de ano, os tres departamentos federais implicados neste asunto -o de Xustiza e Policía, o de Asuntos Exteriores e o de Economía- deberán presentar un plan de implementación antes de proceder á redacción do proxecto de lei. O departamento de Xustiza terá que establecer as ordenanzas a seguir no caso de que o procedemento lexislativo non salga adiante antes do prazo de tres anos previsto.

Paralelamente, o Consello Federal anunciou a súa intención de iniciar sen demora as conversacións coa Unión Europea para renegociar o acordo bilateral para a libre circulación de persoas, en vigor desde o 2002.O presidente da Confederación suíza, Didier Burkhalter, porase en contacto inmediatamente coas institucións da Unión Europea e os seus estados membros para abordar esta cuestión e aclarar o procedemento das negociacións. Unha asunto que está aínda por decidir é se a cuestión da libre circulación a Croacia debe tratarse no cadro desta negociación ou se ese tema debe resolverse previamente.

Inquietude polos emigrantes galegos

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas