GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Xornada de traballo en Francia sobre os inmigrantes españois

(12/02/2014)

Xornada de traballo en Francia sobre os inmigrantes españois

Redacción, París | 11 Febreiro 2014 - Crónicas da Emigración

A Confederación de Asociacións de Pais de Familias Españolas Residentes en Francia (Apferf) organiza as II xornadas de traballo sobre a integración sociolaboral da inmigración española en Francia.

Ao longo dos dous días das xornadas (sábado 1 de marzo e 5 de abril, ás 14,30 horas no Colexio de España na Cité Universitaire de París), a Apferf pretende dar unha resposta a este novo reto que afronta o tecido asociativo. Para iso, reúne responsables asociativos, novos inmigrantes e especialistas no campo laboral, político e cultural, que debaterán sobre as posibilidades de futuro que Francia lles ofrece.

A primeira xornada comeza cunha sesión de traballo xurídico-legal na que participará o avogado José Rojas-Alonso, especialista en dereito comercial, laboral e consello empresarial.

A continuación, haberá unha sesión de traballo sobre a busca de emprego na que estará Alicia Pedrero, responsable de mercadotecnia, e Pablo Oliver, empresario.

Coas preguntas e o debate péchase a primeira xornada.

O segundo día, (5 de abril) comeza cunha xornada de traballo sobre a seguridade social española e francesa na que estará un especialista da Consellaría de traballo e emprego da Embaixada de España en París.

O segundo bloque de traballo versará sobre a integración lingüística e cultural e contará coa presenza de Beatriz Beloqui, inspectora pedagóxica rexional, na Educación Nacional Francesa e cun membro do departamento de integración do concello de París.

A inscrición á xornada é gratuíta e pode facerse a través do correo: seminario.paris@gmail.com

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas