GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

«Decepción total» nos galegos

(11/02/2014)

«Decepción total» nos galegos

Sindicalistas e políticos que fixeron campaña en contra lamentan o resultado

Foi pola mínima, pero suficiente nun país que respecta escrupulosamente a democracia directa. Os 1.463.954 suízos que apoiaron a iniciativa da UDC foron máis que os 1.444.428 en contra (ademais da vitoria na maioría dos cantóns). E de aí, ao desánimo en amplas capas da poboación, especialmente a emigrante -Suíza sería o noveno concello galego, cos 37.995 emigrantes que proceden desta comunidade- «Decepción total», resumía Xosé Abelenda, de Santa Comba, desde Biel, do sindicato UNIA, o principal do país, que fixo campaña en contra. Ve riscos serios nas futuras agrupacións familiares, nas prestacións sociais (paro, seguridade social) aos estranxeiros, ou a non adquirir estabilidade ou dereitos. Todo dependerá de como lexisle o Consello Federal para cumprir co que o pobo lle ordena.

Xesús Gómez, en Xenebra, xalleiro, do sindicato SIT, non está contento: «Saíu mal, estamos moi sorprendidos, xa sabiamos que a cousa estaba equilibrada, pero non pensabamos que ía gañar o si. Quedamos cunha sensación de brazos caídos». Os cambios poderían facer volver aos anos sesenta e setenta, as cotas e continxentes adaptados ás necesidades. Gómez espera que non: «Depende do que faga a UE, se non se enfada moito, ben, pero se non, pode ter consecuencias graves», sinala. E tranquiliza aos emigrantes establecidos: «Estas limitacións son para os futuros, non para os que xa están», explica.

A cormelana Loly Bolay, socialista, expresidenta do Parlamento de Xenebra, analizaba onte os resultados, e considera que o Goberno suízo é moi responsable do que pasou por prometer cousas que non cumpriu. A xornalista Belén Couceiro, de Swissinfo e desde Berna, un portal de referencia para entender que pasa nese país, cre que a clave estivo nos indecisos, que tiraron cara ao si. Recorda que no 92 xa pasou o mesmo (rexeitamento) coa integración no espazo común europeo, e estima que a aplicación legal é, canto menos, moi complexa. E o mesmo opina o avogado Daniel Ordás, desde Basilea: «Haberá que ver como se xestiona isto», cun prazo de tres anos para cambiar as leis. Gómez si cre que a execución será rápida. Ordás engade que para este resultado xuntáronse demasiadas cousas», desde o dumpin polos salarios ata que os alugueres subiron moitísimo pola presenza de alemáns e franceses, especialmente, con grandes soldos.

Alfonso Gómez, de Corme, concelleiro dos Verdes en Xenebra, cre que o impacto será «grave» sobre todo nos sectores punta, ou os que necesitan man de obra estranxeira, como hospitais ou residencias para anciáns: «Haberá máis traballo negro e, por tanto, máis precariedade entre os que chegan».

Pero non todos están en contra: basta ver os foros ou os comentarios en Internet dos emigrantes sobre esta noticia, como na web de La Voz: moitos si apoian o control migratorio.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2019
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas