GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O paraíso suízo pecha as súas portas

(11/02/2014)

O paraíso suízo pecha as súas portas

foto de Fernando Salgado
Escrito por:

11 de febreiro de 2014  

Non se alarmen os posuidores de diñeiro bastardo polo título deste comentario: o paraíso fiscal permanece aberto. O que pecha é a sección contigua, aquela que o meu sogro, que traballou alí e de alí recibe pensión, aínda chama o paraíso do emigrante. Os suízos decidiron en referendo establecer cotas de admisión. Desde que acordaron coa Unión Europea a libre circulación de persoas, 800.000 inmigrantes -tres de cada catro, cidadáns comunitarios- acudiron ás súas despensas en busca de pan e traballo. E aos helvéticos esgotóuselles a hospitalidade.

Suíza non é, por suposto, o primeiro país que restrinxe a inmigración en tempos convulsos. Outros incluso o fan de forma máis bárbara: con muros erizados de coitelas ou illas-prisión ancoradas no Mediterráneo. Pero esta vez doe en carne propia: o 85 % dos estranxeiros que residen no país suízo son europeos. Traducido: italianos, franceses e españois somos os subsaharianos de Suíza. E iso fode.

O argumento contra o inmigrante está tinguido sempre con tinguiduras xenófobas. O estranxeiro, o outro, o diferente, como responsable dos nosos males. Quítanos o traballo, rebaixa os salarios, mancilla os nosos costumes, xera violencia. Suíza non é unha excepción. Os partidarios de pechar as fronteiras utilizaron machaconamente, na campaña do referendo, un cliché demoledor: sete de cada dez reclusos das prisións suízas son estranxeiros. Proba de cargo irrefutable... salvo cando os estranxeiros somos nós.

Toda esa fumareda argumental non debe enganarnos. No transfondo do problema atópase o peto. Unha vez máis, «é a economía, estúpido», como lle recordaba o asesor de Clinton a un derrotado Bush pai. O racismo e a xenofobia van e veñen a ondas, como un espello inverso dos ciclos económicos. Aceptamos ao inmigrante cando o necesitamos para desempeñar os traballos máis desagradables. O racismo se atenúa cando botamos man do marroquí como carne de invernadoiro ou do sudaca para limpar os mocos do avó inválido. E acrecéntase cando non quedan migallas que levarnos á boca: entón descubrimos, como agora os suízos, que a caridade ben entendida comeza por un mesmo.

Os galegos, doutores na materia desde a noite dos tempos, deberiamos sabelo. Nos gloriosos anos sesenta, o meu sogro formaba parte das lexións proletarias que marchaban cara ás fábricas de Alemaña ou Suíza. Unha década despois soaron os clarines da crise e comezou o retorno. Os máis afortunados lograran uns ahorrillos para estudar aos fillos, comprar un piso ou montar un bar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas