GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As emigrantes españolas en Alemaña celebran o Día Internacional da Muller Traballadora

(07/02/2014)

As emigrantes españolas en Alemaña celebran o Día Internacional da Muller Traballadora

Redacción, Vigo | 06 Febreiro 2014 - Crónicas da Emigración



A Coordinadora Federal do Movemento Asociativo na RFA, a través da plataforma 'A Muller Emigrante Española en Alemaña', conmemora o próximo día 8 de marzo o Día Internacional da Muller Traballadora cunha xornada para "reflexionar, opinar e medir como avanza paso a paso a liberación da muller".

A xornada desenvolverase entre as 12:00 e as 17:15 horas en Johann-Gregor Breuer Saal Auer Schulstrabe 9, 42103 Wupertal-Elberfeld cunha serie de actos que comezan cunha exposición de fotos de actividades da Muller da Coordinadora Federal (ás 12:30 horas). Tras o xantar (ás 13:00 horas), terá lugar a sesión de apertura (ás 14:30), coa intervención das coordinadoras federais, Carmen Couto e Mónica Heras; da tenente-alcaldesa de Wuppertal, Ursula Schulz, da alcaldesa de Remscheid e do cónsul xeral de Düsseldorf, ambos os dous pendentes de confirmar.

A partir das 15:15 horas comezan as actuacións do Grupo Flamenco de Remscheid, do baile e cante da gardaría española/alemá Sr.a Block, do baile de Flor Polaca 'Polskie' e de baile grego nacional 'Kostas', os tres de Wuppertal; do Grupo de Baile de Mulleres de Essen; e do Grupo de Baile de 'Nadine e Yvonne', de Remscheid.

A Coordinadora entende que o 8 de marzo é unha data axeitada para recordar a loita heroica das 129 mulleres da fábrica Cotton en 1908, que foron axustizadas tras reclamar que se recoñecesen os dereitos da muller.

"As mulleres sabemos dar exemplo de abnegación en todos os momentos difíciles e de crise", aseguran dende a plataforma 'A Muller Emigrante Española en Alemaña' dende onde se asegura que "o problema da muller no contexto internacional é o de poder inserirse en todos os ámbitos sociais, sexa no país que sexa, e proceda de onde proceda, tendo os mesmos dereitos e non ser cidadás de segunda".

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas