GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os Ministros de Interior dos seis países máis grandes da UE acordan reforzar os controis ante a inmigración irregular e o terrorismo

(07/02/2014)

Ministros Interior acordan reforzar controis ante inmigración e terrorismo

lainformacion.com

xoves, 06/02/14

Nacho Temiño

Cracovia (Polonia), 6 febreiro - Os ministros de Interior dos seis países máis grandes da UE acordaron hoxe medidas operativas para reforzar os controis e as fronteiras co obxectivo de mellorar a loita contra o terrorismo internacional, a inmigración irregular e a delincuencia organizada.

Estes tres asuntos, xunto ao necesario respecto á protección da intimidade, centraron o cumio do denominado G6, que reuniu onte e hoxe en Cracovia os responsables de Interior de España, Alemaña, Francia, Reino Unido, Italia e Polonia e a altos representantes da administración estadounidense.

No encontro prestouse especial atención ao terrorismo internacional e á situación de Sirya, xa que a crise bélica provoca que células terroristas capten e adoutrinen novos membros que, ao seu regreso ao país de orixe, son "potenciais terroristas", explicou a Efe o titular español de Interior, Jorge Fernández Díaz.

"Isto xera un problema que inquieta e preocupa moito á comunidade internacional", engadiu.

Os ministros de Interior europeos -cancelou a súa viaxe a Cracovia a última hora o francés, Manuel Valls- estudaron ademais co secretario de Seguridade Nacional de Estados Unidos, Jeh Johnson, e co fiscal xeral dese país, Eric Holder, a protección de datos privados no marco da loita contra a delincuencia organizada e o terrorismo internacional.

Escoitamos as explicacións do fiscal xeral de EUA, quen aludiu á directiva que ditou o presidente Obama, e todos somos  conscientes de que hai que respectar a privacidade e de que é necesario conseguir un axeitado equilibrio entre esa garantía absoluta á privacidade e intimidade dos cidadáns e a necesidade de seguridade", sinalou Fernández Díaz.

Ao seu xuízo, "sen esa intelixencia, sen esa información, a loita contra o terrorismo e a delincuencia organizada veríase enormemente dificultada".

Tras a polémica xurdida en torno aos programas de espionaxe masiva de EUA e despois de escoitar as explicacións estadounidenses, Fernández Díaz considerou que "se vai garantir a privacidade dos cidadáns e ao mesmo tempo non se vai poñer en risco a seguridade".

A cita serviu así mesmo para analizar, entre outras cuestións, os límites da videovixilancia e como mellorar a colaboración policial na loita contra o crime organizado de Asia e a chamada "delincuencia económica" que chega dende ese continente.

A inmigración ilegal foi outro dos temas sobre o que debateron os representantes europeos en Cracovia, onde estivo presente a traxedia de Lampedusa e a noticia da morte hoxe de varios inmigrantes que intentaban acceder a nado á cidade española de Ceuta.

Fernández Díaz, quen lamentou "profundamente" estas mortes, atribuíu o aumento da presión sobre as cidades autónomas de Ceuta e Melilla aos avances logrados na loita contra a inmigración ilegal por vía marítima.

"Péchase unha vía de acceso e ábrese outra, o que xera que a presión da inmigración ilegal sobre Ceuta e Melilla se intensificase", manifestou.

A isto súmase a Primavera Árabe e os conflitos vividos por outros países da rexión subsahariana, factores que incrementaron o número de persoas que tratan de acceder ilegalmente a España e Europa.

Esta é a segunda vez que o chamado G6 celebra un encontro en Polonia, que forma parte deste club dende 2006.

O seguinte cumio terá lugar en Madrid, entre os días 25 e 26 de xuño deste ano, segundo confirmou a EFE Fernández Díaz.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas