GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cuba protagoniza a estrea internacional da feira Xantar

(07/02/2014)

Cuba protagoniza a estrea internacional da feira Xantar

Ourense acolle máis de 120 actividades gastronómicas ata o domingo

 

Músicos cubanos animaron a feira gastronómica. santi m. amil

 

O salón gastronómico Xantar, en Ourense, deu onte tras quince anos de andaina un salto cualitativo ao inaugurar o seu distintivo de feira internacional. Fiel a esa aposta por ser unha plataforma de promoción da gastronomía galega no exterior nesta ocasión apostou por traer a Cuba como país invitado.

A feira internacional, que se prolongará ata o vindeiro domingo, mantén o seu formato tradicional cunha dobre vertente. A máis coñecida é a social. Un total de 18 restaurantes con máis de trinta menús comprendidos entre os 12 e os 30 euros e que se agrupan por rexións. Así, os asistentes poderán elixir entre a gastronomía cubana, a portuguesa ou a de diferentes rexións e comarcas galegas. Con todo, Xantar é moito máis e entre bastidores os organizadores prepararon unha batería de 120 actividades relacionadas coa gastronomía e os produtos de calidade. Nese programa garda un lugar especial a dieta atlántica e o encontro ibérico sobre dieta e saúde.

 

Turismo

«A gastronomía é o segundo motivo polo que os turistas elixen Galicia». Así o asegurou a directora da Axencia Galega de Turismo, Nava Castro, durante a inauguración da feira. Por iso, no salón gastronómico apostouse pola posta en marcha de diversos paquetes turísticos para fomentar as visitas á feira. Tamén hai descontos do 30 % para os que aposten por chegar á feira a través do tren Avant.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas