GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os suízos votarán o vindeiro domingo sobre a «inmigración masiva»

(07/02/2014)

Os suízos votarán o vindeiro domingo sobre a «inmigración masiva»

A iniciativa, que afectaría a miles de galegos, promóvea o partido UDC

A inmigración volve ser un tema capital na política suíza e, xa que logo, para miles de galegos. Desde hai semanas, un dos principais temas de debate é a iniciativa popular, promovida polo partido populista UDC, denominada «contra a inmigración masiva». A votación será o domingo. Para que salga adiante, necesitará máis da metade dos votos totais e un respaldo superior ao 50 % dos 26 cantóns suízos. E, se se aproba, obrigará ao Parlamento federal a reintroducir continxentes que limiten os traballadores, ademais de ter que renegociar coa UE os actuais acordos de libre circulación de persoas.

Unha auténtica revolución, equivalente ao que ocorría nos anos 60 e 70, que afectaría a toda a UE, e especialmente a lugares como Galicia, unha das principais rexións de Europa que achega emigrantes a Suíza (38.000 residentes, segundo o padrón do 2013). Un cambio de tal transcendencia que leva a moitos a estar convencidos de que non sairá adiante, pero é unha mostra de que existe un certo mar de fondo contra o aumento continuo de traballadores foráneos. De feito, xa está en vigor a limitación de permisos B (os que dan notables dereitos aos traballadores), aprobada o ano pasado ao detectar un incremento notable de inmigrantes.

Alfonso Gómez Cruz, de Corme, concelleiro dos Verdes no Concello de Xenebra, cre que a iniciativa da UDC «tende a illar o país do resto de Europa», esquecendo que o progreso do país débese sobre todo ás exportacións ao resto do continente.

 

Tres por cento de paro

Suíza é un lugar moi apetecible para traballar, cun desemprego medio que rolda o 3 %, con cantóns que apenas exceden o 1 % de parados. Os españois que carecen de ocupación son un 5,8 %, segundo os datos estatais feitos públicos por www.swissinfo.ch.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas