GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A emigración laboral entre provincias crece un 12% en 2013

(05/02/2014)

 

A emigración laboral entre provincias crece un 12% en 2013

elEconomista.es Mércores, 5 de Febreiro de 2014

MADRID, 04 (SERVIMEDIA)

A emigración dunha provincia a outra por motivos laborais creceu en 2013 en España un 12,48%, dende os 1.641.135 contratos asinados por traballadores en 2012 fóra da provincia onde residían ata os 1.846.026 do pasado ano.

Así mesmo, un 12,49% de todos os contratos formalizados durante 2013 (14.782.687) asináronse nunha provincia distinta á que residía o traballador, segundo revela un estudo de Randstad baseado en datos do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).

En termos relativos, a porcentaxe de emigración laboral entre provincias aumentou case un punto en 2013, dende o 11,56% ata o citado 12,49%.

As comunidades autónomas que rexistraron un maior saldo de entrada de traballadores foron Madrid, con 283.730 contratos a persoas doutras provincias e 139.425 madrileños que conseguiron traballo fóra, e Cataluña, que en 2013 rexistrou 250.229 entradas de traballadores e 220.938 saídas, sendo Barcelona o principal eixe de mobilidade.

Pola contra, as rexións que rexistraron un saldo negativo de man de obra, é dicir, unha maior saída que entrada de traballadores, foron Andalucía, con 402.324 contratos a foráneos e 485.040 andaluces contratados fóra; Castela e León, con 80.063 entradas e 110.963 saídas, e Castela-A Mancha, con 134.472 traballadores entrantes e 161.960 salientes.

As comunidades autónomas con maior porcentaxe de saída foron La Rioja (26,9%), Castela-A Mancha (28,8%) e Castela e León (17,2%). Pola súa banda, as que rexistraron unha menor taxa de mobilidade foron Illas Canarias (5,6%), Baleares (7%) e Madrid (8,3%).

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas