GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Viaxe Itinerante do Consulado de Bolivia a Vigo

(07/02/2014)

Viaxe Itinerante do Consulado de Bolivia a Vigo

O Consulado de Bolivia en Madrid realizará unha viaxe itinerante a Vigo os días 8 e 9 de febreiro de 2014

Parainmigrantes, febreiro 4, 2014

O Consulado Xeral de Bolivia en Madrid realizará unha viaxe itinerante á cidade de Vigo, os próximos días sábado 8 de febreiro de 2014, en horario de 8:30 a 16:00 horas; e o domingo 9 de febreiro de 2014, en horario de 08:30 a 15:00 horas.

A atención consular realizarase na Rúa Oliva n.º 12, baixo. Situado no centro de Vigo, ao lado da colexiata e moi preto do Mercado de "A Pedra".

bolivia

Co fin de axilizar a atención na visita, o consulado recorda tomar as seguintes previsións para efectuar trámites:

* Inscricións de menores e solicitude de pasaportes por primeira vez

Requisitos:

1. Certificado literal orixinal.

2. Informe de Alta Médica e/ou Libro de Familia

3. 3 exemplares de fotocopia de pasaportes dos pais nunha soa folla.

4. Fotocopia do Certifidado de Matrimonio (se son casados).

5. 5 fotos fondo branco, tamaño 4 × 5 (con vista aberta e ollos abertos).

6. Presenza do menor (imprescindible).

Aviso: a inscrición do neno é gratuíta, o pasaporte novo ten un custo de 72 euros e o certificado de nacemento adicional ten un custo de 7 euros.


* Renovación de pasaportes

Requisitos:

- Renovación por Caducidade: ata 4 meses antes da caducidade.

- Por extravío: denuncia orixinal actual e fotocopia de pasaporte.

- Taxa consular 72 euros.



* Poderes

Requisitos:

- Pasaporte vixente.

- Fotocopia de documento de identidade da persoa a quen vai outorgar o Poder.

- Instrutiva de Poder, asinado por Avogado en Bolivia (só para casos de procesos).

- Taxa consular 72 euros.

Recórdase que para os seguintes trámites deben contar con pasaportes vixentes e fotocopias do pasaporte por cada solicitude a realizar:

* Certificados de Antecedentes Penais Legalizados.

* Certificados de Nacemento Legalizados.

* Certificados de Matrimonio Legalizados.

* Certificados de Estado Civil Legalizados.

* Certificados de Defunción Legalizados.

* Certificados de inscrición Consular.

* Outras actuacións consulares.

Así mesmo, comunícase que todos os trámites consulares solicitados durante a última viaxe de maio, serán entregados nos lugares indicados logo da presentación do resgardo e pasaporte.

Os cidadáns/ás que solicitaron os seus documentos no Consulado Xeral de Bolivia en Madrid e desexan recoller nas datas indicadas, deberán solicitar os seus documentos ao correo electrónico: info@consuladodebolivia.es ou ao teléfono 913 265 028.



Máis información  no
Consulado Xeral de Bolivia en Madrid

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas