GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes retornados da Estrada animan a recorrer cada multa de Facenda

(03/02/2014)

Os emigrantes retornados da Estrada animan a recorrer cada multa de Facenda

A retirada da primeira sanción a un retornado dá forzas ao colectivo

A Plataforma Estradense de Emigrantes Retornados animou onte a reclamar a todos os afectados polas multas impostas por Facenda por non declarar pensións do estranxeiro. Fíxoo desde o primeiro momento, pero onte reforzou a súa postura tras a transcendencia pública de que a Axencia Tributaria, por primeira vez, retirou a multa que había imposto a un ourensán.

«Hai que reclamar sempre. Non cansámonos de dicilo. Hai xente que non ve esperanza e pensa que é mellor pagar, pero isto demostra que non, que nos empezan a dar a razón», explica a portavoz da plataforma, Ana Rodríguez.

A portavoz confirmou que as multas aos retornados continúan chegando, pero interpretou a noticia da retirada dunha como un sopro de aire fresco que dará ánimos ao colectivo para seguir loitando. «Isto é unha maneira de rectificar», indicou.

Ana Rodríguez recordou que, cando un pensionista recibe a notificación da multa, no propio aviso indícaselle o prazo do que dispón para reclamar. Explicou que esta primeira reclamación ante a administración -previa a un posible contencioso posterior no xulgado- pódese facer no prazo dun mes desde a recepción da notificación, simplemente cubrindo un papel e facéndoo chegar ao tribunal económico-administrativo do Ministerio de Economía, a través do portelo único de calquera administración pública. É este tribunal administrativo o que retirou a multa a un retornado ourensán.

A portavoz da plataforma considerou inxusto que se sigan reclamando os atrasos, pero considerou que a retirada das primeiras multas «xa é un paso importante».

Ana Rodríguez recordou que mañá sábado haberá servizo de autobús desde A Estrada para asistir á manifestación en Vigo en defensa da causa dos pensionistas e a dos preferentistas. Sairá ás 8.30 horas da praza do Farol. Hai máis de 30 usuarios inscritos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas