GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A película 'A cicatriz branca', sobre a emigración feminina, poderase ver en vídeo a partir de maio

(31/01/2014)

A película 'A cicatriz branca', sobre a emigración feminina, poderase ver en vídeo a partir de maio

E. Fernández, Vigo | 29 Xaneiro 2014 - Crónicas da Emigración

Un escena de la película.

Unha escena da película.

A película de Margarita Ledo Andión 'A cicatriz branca', sobre a emigración galega feminina na primeira metade do século XX, percorre as salas de cine galego dende o pasado mes de agosto, data na que comezou a exhibirse nos Cines Norte de Vigo. O filme, de hora e media de duración, que tamén se proxectou en Bos Aires, poderase ver en vídeo a partir do próximo mes de maio, segundo confirmou a 'Crónicas da Emigración' Ledo Andión, quen asegura que se trata dunha película singular, xa que inclúe elementos que a fan "diferente".

'A cicatriz branca' conta a historia dunha muller, Merce (a quen dá vida a xornalista, escritora e recitadora de poesía Eva Veiga) que emigrou a Bos Aires a principios do pasado século, onde se dedicou a servir e, posteriormente, a traballar nunha fábrica, porque as mulleres daquela época "non" sabían ler, pero si coser", comenta. Este paso do traballo como empregadas de fogar a asalariadas supón un cambio de status na vida da muller daquela época, o que queda reflectido neste film, do ano 2012, centrado nunha etapa na que de Galicia saían miles de mulleres cara a América de modo ilegal, con papeis que falsificaban a súa idade e tamén a súa propia identidade.

Rodada en Galicia e Bos Aires, Ledo Andión cualifica a súa primeira película sobre a emigración de "autorial", porque ten "un tratamento e un ritmo nada convencional", asegura.

Ademais do público de Vigo e Bos Aires, 'A cicatriz branca' tamén chega a Santiago, A Coruña, Lugo e Ribadeo, entre outros lugares de Galicia e, a partir do sábado, poderase encontrar na filmoteca de Cataluña.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas