GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O edil da Lama que se foi a México cobrou unha indemnización do Concello

(31/01/2014)

O edil da Lama que se foi a México cobrou unha indemnización do Concello

Fóronlle abonados 1.005 euros polo cesamento da súa dedicación exclusiva o pasado decembro

O ex tenente de alcalde do municipio pontevedrés da Lama e aínda concelleiro do PP a pesar da súa marcha a México para traballar, Juan Carlos Piñeiro, cobrou 1.005 euros do Concello en concepto de indemnización polo cesamento da súa dedicación exclusiva o pasado decembro. A resolución asinouna o 27 de decembro o alcalde, o popular Jorge Canda, que é o único membro da corporación que actualmente percibe un soldo do Concello. A substituta de Piñeiro na tenencia de alcaldía, María da Luz Pontevedra, non cobrará a dedicación exclusiva.

O abono deses 1.005 euros ao ex tenente de alcalde orixinou un forte choque entre a concelleira do BNG, Erundina Louro, e o rexedor popular. Mentres que o alcalde considera que a indemnización foi lexítima, a edila nacionalista mantén unha postura distinta. Louro cuestionou a ética deste pagamento e reclamou un informe de intervención sobre o particular. O rexedor defendeu o traballo de Piñeiro no Concello e reprochoulle á oposición que teña centrado as súas críticas sobre este caso cando en anteriores mandatos edís do PSOE estiveron tamén ausentes do municipio e, polo tanto, non podían acudir aos plenos.

 

Maioría absoluta

A marcha a México de Piñeiro e o seu cesamento como tenente de alcalde tamén causou unha tormenta política neste concello pontevedrés. O caso fíxose público a semana pasada cando o líder do PSOE, Enrique Vaqueiro, destacou que Piñeiro se foi a vivir ao país americano por razóns laborais, mentres que non renunciara aos seus cargos no Concello. Canda admitiu ese día que Piñeiro vivía alén do Atlántico, pero sinalou que renunciou ao seu posto como tenente de alcalde antes de irse. O rexedor non vía razóns para que deixase a súa acta de edil nunha corporación na que o Partido Popular ten sete concelleiros fronte a catro da oposición.

As reiteradas peticións de dimisión do concelleiro por parte dos membros da oposición, que lles recordaron aos populares as súas duras críticas polo caso do deputado de AGE que se foi vivir a Dinamarca, avivaron a polémica.

Finalmente, interveu o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, que deixou claro que Piñeiro debía dimitir como concelleiro tamén. Esa mesma mañá Canda anunciou que falara co edil emigrado e que este lle comunicou a súa intención de deixar o escano. O alcalde estima que todo o proceso estará pechado para o próximo marzo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas