GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Dimite a tenente de alcalde de Piñor por un traballo no estranxeiro

(31/01/2014)

Dimite a tenente de alcalde de Piñor por un traballo no estranxeiro

Sandra Álvarez renunciou onte á acta de edila e pouco despois partiu para Suíza

Fala cinco idiomas, entre eles francés, italiano e inglés, aprendidos nas súas estancias noutros países. «Traballei durante un tempo no consello do Ribeiro, pero agora estaba en paro. Marchei a Suíza hai uns meses, porque teño familia alí. Animáronme a buscar algo. Agora chámanme dunha adega e ademais colaborarei con enxeñeiros agrícolas de aquela zona. Non podía dicir que non», subliña. O contrato é por un ano e Álvarez aseguraba onte que a idea é regresar. «Eu teño claro que a vida téñoa aquí. Tomo esta decisión porque teño que facelo ante a miña situación económica e persoal», di. Sandra Álvarez fala dun grolo amargo para referirse á súa marcha por un ano, pero asegura que a súa situación non é moi diferente á doutros mozos: «A necesidade de marchar que experimentan tantos mozos e mozas da nosa terra trunca sempre diversos aspectos da vida de calquera persoa, inquedanzas ou desexos, e este non é máis que un reflexo».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas