GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Facenda retira por vez primeira a multa a un retornado que non declarou a pensión

(31/01/2014)

Facenda retira por vez primeira a multa a un retornado que non declarou a pensión

Miles de galegos emigrantes agardan a que o fisco lles ofreza unha saída

Os 20.000 emigrantes galegos aos que a Administración tributaria persegue polas pensións non declaradas e percibidas do estranxeiro desde o ano 2008 empezan a ver algo de luz no medio do túnel. Por vez primeira, en vía administrativa, Facenda decidiu anular a sanción imposta a un afectado: 666 euros. Así o resolveu a finais do pasado ano o Tribunal Económico Administrativo Rexional ante o recurso dun emigrante retornado de Ourense, a quen Facenda lle obriga a tributar pola pensión, pero lle exime do pagamento da multa.

Miles de afectados que cobran unha prestación polos seus anos traballados no estranxeiro foron expedientados polo fisco; é dicir, non só se lles reclama o ingreso polo non declarado senón que se lles impón unha sanción. O pasado mes de setembro, por unanimidade de todos os grupos, o Parlamento galego aprobou unha resolución na que instaba a Facenda a deixar de multar aos retornados. Moitos dos cales, segundo os partidos, estaban desinformados. Despois da intermediación da titular de Facenda, Elena Muñoz, o ministro Montoro prometeu que a Axencia Tributaria estudaría meticulosamente caso a caso.

No fallo do Tribunal Económico Administrativo Rexional ao que tivo acceso este diario, e que foi notificado ao afectado a finais do 2013, Facenda vai máis aló á hora de analizar estas infraccións tributarias. Non só se refire a que poida haber desinformación senón que o retornado, nese caso, fai unha lectura razoable da normativa e pode concluír que o percibido non está suxeito a tributación. É dicir, Facenda vén recoñecer que a regulación non é clara.

«É improcedente a aplicación de sancións nos supostos en que a falta de ingreso da débeda tributaria obedeza a unha correcta interpretación das normas aplicables, ocasionada pola escuridade destas, e por unha razoable discrepancia na devandita interpretación», sostén de forma literal o tribunal administrativo.

 

Problemas solapados

Esta é parte da liña argumental que manexan as plataformas de afectados, pero o debate vai máis aló das sancións porque non existe coincidencia en que as pensións recibidas do estranxeiro deban estar suxeitas a tributación. En primeiro lugar, debe revisarse se España ten convenio co país de quenda para evitar unha dobre imposición, circunstancia que concorre na maioría dos Estados que acolleron á emigración galega. Pero hai outra cuestión de fondo: o carácter da prestación percibida. Varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do ano 2010, entenden que estas prestacións son públicas, con independencia de que teñan a súa orixe nun traballo na Administración ou non, polo que estarían exentas de tributar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas