GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Datos de inmigración e emigración antes e despois da crise

(31/01/2014)

Datos de inmigración e emigración antes e despois da crise

Publicado o 29/01/2014 por *Eduardo Martínez Abascal

No post Datos de emprego en España falabamos do emprego e desemprego en España. Ambos os dous teñen moito que ver coa situación económica e coa inmigración. Vexamos que aconteceu coa inmigración en España durante os últimos 10 anos (datos Eurostat e INE).

No período do boom económico (2002 a 2008) entraron en España case 5 millóns de inmigrantes. Uns 700.000 de media anual, cun pico máximo de 960.000 en 2007. A partir de 2008, a cifra descende e estabilízase en torno aos 300.000-400.000 inmigrantes anuais.

España, principal país receptor de inmigrantes durante o boom

Nese mesmo período saen de España uns 900.000 mil emigrantes. O saldo migratorio total entre 2002 e 2008 anos é positivo de 4 millóns de persoas (a unha media dunhas 600.000 persoas por ano). Iso quere dicir que o país era capaz de crear postos de traballo para todas esas persoas, pois sen traballo os inmigrantes non veñen. O inmigrante non vén en pateira a buscar sorte. Vén porque algún parente ou amigo lle ofrece un emprego.

España foi o país con máis inmigración neste período: 4 millóns de entradas netas comparados con 1 millón de Francia, medio millón de Alemaña, 2 millóns de Italia e 1 millón de Gran Bretaña.

Cambio de tendencia durante a crise

Obviamente a situación cambia radicalmente nos anos de crise (2009 a 2012). Nestes 4 anos entran 1.400.000 persoas a un ritmo duns 350.000 ao ano, a metade dos 750.000 de antes. Pero sobre todo, saen 1.600.000 millóns a un ritmo de 400.000 anuais polos 125.000 do período anterior. O saldo inmigración-emigración é -200.000 mil persoas. É dicir, no período do boom entraron 4 millóns de persoas e no período da crise saíron 0,2 millóns. Parece que a pesar da enorme crise, non se van moitos.

Ata o ano 2003 apenas saían de España unhas 40.000 persoas cada ano, menos dun 0,1% da poboación. Estas baixas taxas de mobilidade dábanse tamén en Italia e Portugal. En Alemaña saían unhas 600.000 persoas (case un 1% da poboación) e en Inglaterra unhas 300.000 (1% da poboación). Parece que os latinos nos movemos menos (claro, aquí vívese ben).

España é a partir de 2011 un dos países con maior taxa de emigración, case un 1%, por debaixo de Irlanda (1,9%) e Grecia (1,2%) e superior a Alemaña, Inglaterra e Italia. España é ademais o país en que creceu máis a emigración: multiplicouse por dez veces; en Italia, pola contra apenas houbo cambios. Isto é lóxico, se recibes moitos inmigrantes (entradas) en tempos de boom económico, logo terás moita emigración (saídas) en tempos de crise. Parte dos inmigrantes vanse ao non ter traballo, aínda que a maioría queda.

E quen se está a ir? Das 400.000 persoas ao ano, aproximadamente uns 50.000 nacidos en España. É dicir un 12% -13%; son uns 15.000 máis dos que se ían antes de 2002. É dicir, a crise aumentou en 15.000 persoas o número dos que saen (datos de 2012, en 2013 terán sido superiores). En canto a idade, o 60% dos que se van son menores de 35 anos, porcentaxe similar ao doutros países.

*Eduardo Martínez Abascal é Profesor Ordinario do IESE na área de dirección financeira, onde exerce a docencia dende 1992.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas