GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta só ve grave a mobilidade se non se volve por falta de expectativas

(27/01/2014)

A Xunta só ve grave a mobilidade se non se volve por falta de expectativas

lainformacion.com

domingo, 26/01/14 -



A Xunta só ve grave a mobilidade se non se volve por falta de expectativas

Santiago de Compostela, 25 xaneiro (EFE).- O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, defende que sempre houbo mobilidade da poboación e por iso se indigna ante as alarmas infundadas e afirma que o importante é que os mozos non se vexan "condicionados" a quedar fóra pola imposibilidade dun futuro laboral en Galicia.

"As cifras que hoxe hai non son tan diferentes ás que podiamos ter uns anos atrás", resalta en declaracións a Efe, e di que en 2007, cunha situación económica e laboral mellor, case 14.000 rapaces cambiaron a súa residencia.

"Así que eu creo na xusta medida e en non crear ningún tipo de alarmismo", subliña.

Tamén apela ao contexto: "Levamos traballando moitos anos nun espazo único europeo para que os nosos mozos, coa súa boa preparación, se movan dentro do territorio da Unión. Para iso creamos un espazo único, para que nun momento determinado poidan irse a Alemaña, a Francia, a Suíza ou ao Reino Unido a adquirir unha experiencia profesional".

E "ao revés", argumenta, que "mozos deses países veñan aquí a adquirir tamén esa experiencia profesional", un argumento que o leva a recalcar que só vería grave a complicación dun retorno ao lugar de orixe pola falta de "expectativas" para un desenvolvemento laboral.

"O importante é que esa mobilidade poida ser real e efectivamente os nosos mozos non se vexan condicionados a adquirir esa experiencia e que logo non poidan ter un retorno. Aí si habería unha dificultade se iso non é posible, pero eu sei que iso non vai acontecer", apunta.

Rodríguez Miranda admite que a situación de dificultade económica propiciou que a "capacidade ou posibilidade de traballo" en España e "loxicamente en Galicia" sexa inferior á que houbo noutros momentos.

Isto provoca, por exemplo, que "aquelas persoas que en anos previos viñeron a España baixo a atracción dun bo mercado laboral, como os inmigrantes, agora nos deixen e se vaian. Isto fai que teñamos unhas cifras de saída de xente importantes", apostila.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas