GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O concelleiro de Bande en Arxentina nin regresará nin cederá a acta a outro edil

(27/01/2014)

O concelleiro de Bande en Arxentina nin regresará nin cederá a acta a outro edil

«Con seguridade cumpro co meu labor: aquí somos 25.000 ourensáns, e 2.000 deles, banduenses», di

O caso de Enríquez é particularmente rechamante. Concorreu ás eleccións municipais como número 9 da candidatura do Partido Popular, que conseguiría sete asentos no pleno. Posteriormente, tras os comicios, e sen ter sido elixido concelleiro, abandonou esa formación para unirse a Sociedade Civil e Democracia, o partido auspiciado por Mario Conde. A súa separación da disciplina popular tería pasado desapercibida se non fose polo falecemento de dous edís do PP na corporación banduense, circunstancia que deu a Alfredo Enríquez dereito a facerse cunha acta de concelleiro incluso non formando parte xa do PP.

Un dereito, por certo, ao que non pensa renunciar. «Viaxo a España unha ou dúas veces ao ano. En ocasións, cando as circunstancias o requiren, máis. Sempre vou a Ourense, a Bande e, por suposto, ao meu pobo, Ribeiro. Estou ao tanto do que alí ocorre. Sei que son concelleiro pola lamentable morte dos meus veciños, pero con seguridade cumpro a miña función de concelleiro», asegura. Os seus argumentos van máis aló: «Aquí somos 25.000 ourensáns, e dous mil banduenses aos que intento axudar. Manteño unida á xente no cultural, o gastronómico, o esparexemento, e ademais aos maiores».

O concelleiro electo vanglóriase de non ter cobrado nunca nada, «nin recibo axuda de Galicia». Neste punto aproveita Enríquez Badas para arremeter contra o Executivo galego: «Considero que o actual Goberno esqueceuse e non ten interese na emigración. Soamente dan discursos».

Presidente da Casa de Ourense en Buenos Aires, Alfredo Enríquez asegura que seguirá «dando batalla no meu pobo», que «cada día deixa marchar a un mozo máis» e anuncia a súa intención de participar nas eleccións europeas.

O seu caso é un dos varios que saíron á luz como consecuencia da renuncia dun deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) no Parlamento de Galicia. David Fernández Calviño, parlamentario pola provincia de Ourense, viuse obrigado a deixar o seu escano tras varias semanas en Dinamarca, onde se foi para incorporarse á investigación. Pero tampouco o do edil de Bande é un caso único na política municipal. Esta mesma semana o Partido Popular forzaba a un concelleiro do equipo de goberno da Lama (Pontevedra) a presentar a súa dimisión tras varios meses en México por traballo.

No Concello ourensán de Piñor, o seu tenente de alcalde, a socialista Sandra Álvarez Rodríguez, atópase na actualidade en Ourense, pero pasou varias tempadas fóra de España. Motivos laborais foron os que a afastaron da súa terra. Igual que a Adriana Oliveira Varela, número dous da formación independente Alternativa Electoral de Moraña (AEM), que se marchou a Londres sen renunciar á súa acta. Outro compañeiro seu de partido, Celso Diz, tampouco renunciou cando hai algúns meses foise a Guinea Ecuatorial a traballar.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas