GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A bolsa pola que aposta Europa

(24/01/2014)

A bolsa pola que aposta Europa

A UE defende o plan Erasmus para vertebrar unha conciencia común

 

A Unión Europea aposta polo multiculturalismo para crear unha conciencia común. m. moralejo

 

A Unión Europea reforzou o programa de bolsas Erasmus destinando 14.700 millóns de euros para os próximos sete anos.

 

¿Que é Erasmus Plus?

Baixo o paraugas Erasmus Plus atópanse todas as bolsas europeas de mobilidade exterior que había ata agora con diferentes nomes -para alumnos, profesores, traballadores, para doctorandos, másteres, prácticas, FP...- e engádese unha máis, relativa a deportistas.

 

¿Como queda España?

Cunha redución de 16 millóns de euros por parte do Goberno, os estudantes españois perden con respecto ao curso actual. O primeiro exercicio do novo Erasmus Plus (curso 2015/16) suporán en España 71 millóns de euros: 53,3 millóns de euros da UE e 18 do Estado. A UE ampliará de 6 a 12 os millóns que entrega ás universidades para complementos, pero estas non están polo labor de xestionar eses complementos. O que non cambiará será o número de participantes: 40.000, pero como hai menos diñeiro, no canto dun curso estarán un semetre, é dicir, a metade. Se teñen que quedar máis tiempoe no destino, suponse que a súa universidade os financia (e iso é o que non queren facer os reitores).

 

¿Canto diñeiro recibirán os alumnos?

Europa delimita unha contía mínima por alumno que supón uns 50 ou 60 euros máis de media ao mes no caso de España, e que será de 250 euros mensuais (100 euros máis en caso de rendas baixas). Neste dato baseábase o Goberno español para dicir que a contía subía, pero só será por medio curso. Os estudantes galegos suman a ese diñeiro unha axuda extra da Xunta de 80 euros mensuais, aínda que polo momento non se sabe se no futuro será outra cantidade (ao tratarse de medio curso, o importe podería subir); os mellores expedientes galegos reciben ademais unha axuda adicional e única de 500 euros. As bolsas adóitanse cobrar a metade e finais de curso, algo que pode cambiar co novo programa Erasmus Plus.

¿Quen e cando pode pedir unha bolsa?

O prazo adoita estar aberto entre decembro e xaneiro, dun curso para outro; as universidades publicítano nos seus campus e hai información puntual nas web. Poden participar todos os estudantes adscritos a unha universidade colaboradora do programa (en Galicia, as tres) que estean polo menos en segundo curso. Si é e será obrigatorio é dispor do certificado B1 ben de inglés ou, se se vai a facultades de Italia ou Portugal, italiano ou portugués, respectivamente; se non se ten o certificado oficial, hai que facer un exame para demostrar uns coñecementos mínimos. Ademais, algunhas universidades de destino teñen os seus propios requisitos, sobre todo idiomáticos, que hai que cumprir.

 

¿A que países vaise?

Depende de cada facultade. Esta publicita as prazas dispoñibles e o lugar de destino. O estudante cobre a solicitude indicando por orde de preferencia tres universidades, e as prazas outorgaranse en función do expediente académico, o programa de intercambio e os certificados de idiomas. Ata agora se o estudante cumpría os requisitos sempre tiña praza, aínda que nalgunhas ocasións non era no país ou a universidade de preferencia.

 

¿A universidade pode rexeitar a solicitude?

Si, pero sobre todo se non se cobren ben as solicitudes, non se entrega os certificados esixidos ou o alumno xa aceptara outro programa de mobilidade.

¿Hai que facer moito papelorio?

En todas as facultades hai unha oficina de relacións exteriores encargada de atender os programas de mobilidade internacional. Esta oficina asesora ao alumno e axúdalle a tramitar os papeis, especialmente os relativos á convalidación de materias, que adoita ser un asunto complicado cando se trata de convenios novos. Agora, ao reducir á metade o tempo de estancia, desde as universidades témese que a convalidación sexa máis difícil. O motivo é que en moitos países de Europa os graos duran tres anos e os cursos son máis longos; iso fai que ás veces resulte laborioso equiparar as materias (en España os graos son de catro anos), o que ata agora se solucionaba con estancias dun curso completo pero, coas novas bolsas, xa non poderá facerse.

 

¿A que se compromete o estudante?

En canto chegue ao lugar de destino -así como ao marcharse- ten que informar á universidade estranxeira, levando sempre a súa Credencial Erasmus. Durante polo menos o primeiro mes ha de cumprir as condicións do contrato que asinou (non se poden cambiar as materias, por exemplo). Se está un curso ten que matricularse en 40 créditos como mínimo e se é medio, en 20. Unha vez de volta, ten que presentar un informe final. Hai outras obrigacións, como entregar as notas orixinais e outros documentos, so pena de ter que devolver o diñeiro da bolsa.

 

¿ Pódense cursar materias suspensas?

Segundo a Universidade de Santiago, si. Pode matricularse nunha materia suspensa por cada curso anterior (por exemplo, se se vai cursar terceiro, pódense repetir dúas materias). Nalgunhas universidades, ocorre en Polonia, o feito de ser erasmus xa supón un aprobado, e algúns estudantes aproveitan para sacar unha materia especialmente difícil da súa facultade. En xeral, aprobar estando de erasmus é máis fácil que no lugar de orixe.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas