GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda reuniuse en Madrid cos directores xerais para Iberoamérica e de Españois no Exterior

(24/01/2014)

Miranda reuniuse en Madrid cos directores xerais para Iberoamérica e de Españois no Exterior

Redacción, Madrid | 24 Xaneiro 2014 - Cronicas de la Emigración

Gómez Olea y Rodríguez Miranda, durante la reunión.

Gómez Olea e Rodríguez Miranda, durante a reunión.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, cursou visita este xoves ao responsable da Dirección Xeral para Iberoamérica, Pablo Gómez de Olea, e ao da Dirección Xeral de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios, Cristóbal Valdés, ambos os dous altos cargos do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación.

As entrevistas, realizadas nas respectivas sedes madrileñas das institucións que dirixen, forman parte dos contactos regulares que Miranda mantén e pretende reforzar cos responsables dos departamentos ministeriais competentes en materias relacionadas coa diáspora galega.

O mantemento destes contactos producirá unha mellora na coordinación entre administracións para satisfacer as necesidades das colectividades galega e española no exterior, e axuda ao coñecemento da casuística específica de cada país por parte de ambas as dúas administracións, de maneira que redunde nunha maior eficacia das súas actuacións.

En palabras de Rodríguez Miranda, "preténdese que a diáspora reciba unha resposta máis eficaz ás súas inquietudes por parte do Estado e da Comunidade Autónoma. Neste sentido, ambas as dúas administracións expresan o seu desexo de ofrecerse soporte mutuo para aumentar a eficacia das súas actuacións".

Coordinación para a eficacia

Gómez de Olea e Cristóbal Valdés compartiron con Miranda os seus puntos de vista sobre a actualidade en Iberoamérica, e o alto cargo da Xunta expuxo as principais preocupacións -no ámbito das competencias de cada Dirección Xeral- que os representantes das comunidades galegas con sede nos países da zona lle transmiten nas súas viaxes.

Na Dirección Xeral para Iberoamérica, o secretario xeral de Emigración expuxo "a utilidade dun fluxo activo e permanente de información entre esa institución estatal e a Xunta, por canto -recordou Miranda- máis do 70 por cento dos galegos residentes no exterior viven nos países" do ámbito que é referencia do traballo para Gómez de Olea.

No departamento de Españois no Exterior e de Asuntos Consulares e Migratorios, Miranda explicou a importancia dun diálogo fluído dende a Secretaría Xeral que dirixe para transmitir as inquietudes das colectividades galegas da diáspora, por canto a Dirección Xeral é a encargada principal na prestación de servizos para os residentes galegos no exterior.

"Os lugares máis próximos aos que acoden os galegos e españois que residen fóra son as representacións consulares, por iso queremos coñecer con exactitude as liñas de actuación que se seguirán dende a Dirección Xeral, e axudaremos no posible á súa transmisión entre as colonias galega e española en xeral", afirmou Miranda á saída do despacho con Valdés.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas