GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda mantivo un encontro cos representantes das entidades e asociacións galegas en Madrid

(24/01/2014)

Miranda mantivo un encontro cos representantes das entidades e asociacións galegas en Madrid

Redacción, Madrid | 23 Xaneiro 2014 - Crónicas da Emigración

Un momento de la reunión de Miranda con los representantes de los centros de Madrid.

Un momento da reunión de Miranda cos representantes
dos centros de Madrid.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo na Casa de Galicia en Madrid cos representantes de 14 asociacións e entidades galegas con sede na capital española.

Miranda repasou a actualidade e proxectos de futuro da diáspora galega en Madrid con directivos da Casa Galega de Fuenlabrada, Centro Galego de Madrid, Asociación Cultural da Vieira, Grupo Cultural Galicia en Madrid, Xuntanza de Galegos en Alcobendas (cuxo presidente o é tamén da Federación de Asociacións Galegas en Madrid), Asociación Galega Corredor do Henares, Centro Galego da Serra de Madrid, Centro Galego de Móstoles, Centro Galego Noroeste de Madrid, Asociación de Xuristas Galegos en Madrid, Centro Cultural Lembranzas, Centro Galego de Tres Cantos, Asociación de Empresarios Galegos en Madrid e Club de Xornalistas Galegos en Madrid.

O acto é reflexo da vontade do secretario xeral de Emigración de manter reunións regulares cos directivos das comunidades galegas residentes na capital española, coa finalidade de escoitar as súas reflexións e suxestións, e presentarlles as liñas de actuación da Secretaría Xeral para este ano.

Ademais, a experiencia e perspectiva dos galegos residentes en Madrid poden servir como puntos de referencia importantes no establecemento de liñas de promoción de Galicia, e dos seus produtos e servizos, así como para enriquecer as accións de Emigración.

A Sociedade Rosalía de Castro representará a Cuba en 'Xantar'

Antes da reunión, Miranda visitou a Feira Internacional de Turismo (Fitur), principal evento anual nesta materia, que ten lugar estes días en Madrid. Alí, achegouse ata a presentación de 'Xantar, XV Salón Internacional de Gastronomía e Turismo', que se celebrará entre o 5 e o 9 de febreiro en Ourense, e que este ano ten a Cuba como país invitado. A illa estará representada na súa parte gastronómica polo restaurante da Sociedade Cultural Rosalía de Castro da Habana.

Esta Sociedade é unha das cinco comunidades galegas presentes na capital cubana que posúen local público destinado á restauración. As outras catro son a Sociedade Estudantil Concepción Arenal, a Agrupación Artística Galega, Asociación Natural de Ortigueira Sociedade Española de Beneficencia e Protección Mutua e a Sociedade Aurora de Somozas.

Con esta presenza en Xantar, as comunidades galegas no exterior teñen presenza en tan destacado evento gastronómico, e dáse continuidade ao traballo iniciado no pasado mes de decembro na viaxe á illa do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no sentido de afondar nas relacións entre Cuba e Galicia.

Ademais de acudir a esta presentación, Miranda acudiu á dos 'Novos Soportes de Información' e 'Presentación do Produto Turístico 2014' do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, e tamén se achegou ata a da iniciativa turística 'Portas de Galicia: Verín-Viana. Un Destino para os teus sentidos'.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas