GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Eleccións ao Parlamento Europeo: votar dende España

(21/01/2014)

Eleccións ao Parlamento Europeo: votar dende España

Os cidadáns comunitarios residentes en España tamén poderán exercer o seu dereito ao voto nas próximas eleccións ao Parlamento Europeo

 

parainmigrantes.info

Entre o 22 e o 25 de maio de 2014 celebraranse as eleccións ao Parlamento Europeo, nas que se elixirán por sufraxio universal directo, libre e secreto os deputados europeos que integrarán a eurocámara e que representarán á cidadanía europea na oitava lexislatura, no período comprendido dende 2014 e 2019.

Todos os cidadáns comunitarios maiores de idade poderán exercer o seu dereito ao voto nas devanditas eleccións, sen necesidade de estar nos seus países de orixe.



Os cidadáns comunitarios residentes en España que desexen exercer o seu dereito ao voto no seu lugar de residencia deberán ter manifestado a súa intención de facelo antes do 30 de xaneiro. Segundo a Oficina do Censo Electoral, en España residen 2.145.590 cidadáns doutros países da Unión Europea (UE) que poderán exercer o dereito de voto.

Os interesados poderán tramitar a súa manifestación de vontade para poder votar de varias formas:

- Os cidadáns que manifestasen a súa intención de votar en España nas anteriores eleccións ao Parlamento Europeo xa están incluídas no censo electoral, polo que non necesitan realizar ningún outro trámite.

- Os cidadáns que recibisen unha comunicación da Oficina do Censo Electoral en novembro de 2013 unicamente deberán cumprir e asinar a declaración formal contida nela e remitila á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente. Ademais, aqueles para os que a Oficina do Censo Electoral dispoña do seu Número de Identidade de Estranxeiro (NIE) poderán realizar a manifestación de voto por Internet, na dirección https://sede.ine.gob.es

- Os cidadáns doutros países da UE residentes en España que estean empadroados e non recibisen a comunicación, poden manifestar a súa vontade de voto en España no Concello da súa residencia. Ademais, os que posúan un certificado electrónico asociado ao seu NIE que sexa recoñecido pola Oficina do Censo Electoral, poderán realizar a manifestación de voto por Internet, na dirección https://sede.ine.gob.es


- Os cidadáns doutros países da UE residentes en España que non estean inscritos no padrón municipal, deberán acudir ao seu Concello a empadroarse e cumprir a manifestación de voto en España.

Os interesados poden obter máis información nos concellos, nas delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral, no teléfono 901.101.900 e na dirección
www.ine.es

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas