GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes retornados reúnense en Caldas para analizar o seu conflito

(21/01/2014)

Os emigrantes retornados reúnense en Caldas para analizar o seu conflito

O Auditorio Municipal acollerá esta tarde, a partir das 20 horas, a asemblea

Segundo explicou onte o portavoz de Aeru, Celso Domínguez, o encontro tamén servirá para informar ás 44 persoas que forman o colectivo do contido da reunión mantida na sede da Xunta en Santiago o pasado 10 de xaneiro. Ese día foron recibidos por responsables da Consellería de Facenda e da Axencia Tributaria en Galicia, a quen expuxeron as súas reivindicacións. «O que nos dixeron é que entenden as nosas queixas, pero nos deixaron claro que a Xunta non ten compentencias -sinalou Domínguez Búa-. Quedaron en transmitirlle a Madrid as nosas demandas».

A principal reclamación da asociación de emigrantes retornados da comarca de Caldas é que o Goberno central anule as sancións impostas aos pensionistas no estranxeiro: «O prioritario é que se anulen as sancións porque nós non nos negamos a pagar, pero somos xente traballadora».

Tamén piden que se aclaren os trámites e o proceder nos distintos países europeos. «Non sabemos por qué Alemaña é diferente a Suiza -dixo Celso Domínguez-. Agora mesmo en Alemaña devolven a multa pero aplican un imposto sobre a paga», apuntou. «Na reunión tamén enteráronse dos casos que hai, como o dunha persoa que non é da nosa asociación, senón da Costa da Morte, que xa pagou desde o 2008 41.000 euros e que ten unha invalidez do 100 %», apuntou o portavoz de Aeru.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas