GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os inmigrantes en Galicia tratan de superar a crise sen pensar en regresar aos seus países

(20/01/2014)

Os inmigrantes en Galicia tratan de superar a crise sen pensar en regresar aos seus países

A gran mobilidade do colectivo sálvao da falta de emprego, segundo o Foro Galego de Inmigración

M. NOGUEIRA | 18.01.2014 | elcorreogallego.es

Santiago. A inmigración en Galicia é maioritariamente latinoamericana e malia os malos tempos que corren, salvo casos puntuais, parece que non se inclinen por facer as maletas para regresar aos seus países de orixe. Polo menos así o constata a experiencia do Foro Galego de Inmigración, segundo explicou a este xornal o seu presidente, Miguel Fernández, que apuntou como unha das grandes "potencialidades" deste colectivo "en positivo" é a súa "dispoñibilidade para a mobilidade" e a súa "adaptabilidade" á oferta laboral.

Dende a súa experiencia no traballo diario á fronte do organismo que dirixe, Miguel Fernández sostén que a día de hoxe os inmigrantes asentados na comunidade galega "tratan de superar a crise" como o resto de españois e esperando tempos mellores, xa que se trata de persoas que lograron a reunificación familiar e que esperan un "futuro mellor" para os seus fillos que non ven nos seus países de orixe, principalmente, latinoamericanos. Ademais chama a atención sobre o feito de que en numerosos casos xa conseguiron o acceso á nacionalidade española, unha das razóns polas que se reduce o número de estranxeiros nas estatísticas e pode levar a engano ao identificar a redución como a marcha de inmigrantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas