GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Baleares e Galicia propóñense colaborar para impulsar ao Centro Galego de Mallorca

(20/01/2014)

 Baleares e Galicia propóñense colaborar para impulsar ao Centro Galego de Mallorca

Redacción, Santiago | 17 Xaneiro 2014 - Crónicas da Emigración

Rodríguez Miranda, duranta su visita al Centro Gallego de Mallorca.

Rodríguez Miranda, durante a súa visita ao Centro Galego de Mallorca.

 

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, devolveu a visita á directora xeral de Cooperación e Inmigración do Govern balear, Antònia María Estarellas, nunha reunión na que estivo tamén presente a presidenta do Centro Galego de Mallorca, Carmen González Moreno. Estarellas achegouse en novembro pasado ata Galicia para coñecer de primeira man o sistema de funcionamento, e intercambiar experiencias, co departamento da Xunta encargado das relacións coa diáspora.

Na reunión, celebrada este venres, a directora xeral e o secretario xeral puxeron de manifesto a súa firme intención de estreitar lazos entre ambas as dúas administracións, de maneira que as experiencias de cada departamento poidan servir de bagaxe común naquelas materias en que encontren coincidencia de obxectivos. Ambos os dous mandatarios comprometéronse a estudar en próximas datas fórmulas concretas para dar impulso á actividade do Centro Galego de Mallorca, que Estarellas definiu como unha "entidade moi dinámica", e Miranda como "todo un exemplo de integración na sociedade de acollida".

Tras a reunión, os dous altos cargos reuníronse coa xunta directiva do Centro, ata cuxas instalacións se achegara Rodríguez Miranda na tarde anterior para poder departir cos socios da entidade e asistir a un ensaio do grupo coral da entidade. O Centro mallorquino e o Centro Social e Cultural Galego de Eivisa configuran a presenza social galega nun Arquipélago no que, segundo datos do INE, residen preto de 11.000 galegos.     

Integración na sociedade de acollida

O Centro Galego de Mallorca conta con máis de trescentos socios, a inmensa maioría dos cales son galegos de nacemento. Posúe un local en propiedade de catro pisos e planta baixa, cunha superficie de máis de 1.000 metros cadrados, un dos máis grandes de entre as comunidades galegas en España. Na primeira planta conta cunha sala de actos e exposicións ben coñecida da poboación local.

A entidade desenvolve numerosas actividades sociais, culturais e recreativas con relevante difusión na sociedade de acollida. Entre elas, destaca a celebración da Semana dás Letras Galegas, durante a que se celebran exposicións, concursos infantís, actuacións folclóricas internacionais e conferencias, entre outras, con ampla participación de residentes na illa.                                                                         

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas