GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O escritor Neira Vilas cre que a emigración actual é "problemática"

(17/01/2014)

O escritor Neira Vilas cre que a emigración actual é "problemática"

Axencia EFE


Ourense, 16 xaneiro (EFE).- O escritor e académico de lingua galega Xosé Neira Vilas opinou este xoves que a emigración de hoxe en día é "máis problemática" que a que existía hai cincuenta anos, a pesar de ser menos numerosa.

Así o indicou antes de impartir unha conferencia sobre a "Débeda de Galicia coa emigración" no marco do Foro La Región, en Ourense, onde presentou a obra 'Xosé Neira Vilas. Memoria gráfica', editada por Bolanda.
"Antes emigraban campesiños, agora licenciados", reflexionou o escritor galego, quen cualificou como "unha perda" para España a saída de mozos a outros países pola actual situación.
O acto contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, que seguiu o relatorio no Centro Cultural Marcos Valcárcel.
Durante a conferencia, o autor da coñecida obra "Memorias dun neno labrego" apuntou que Galicia ten "unha débeda moi grande" coa emigración, "que daría para falar seis ou oito horas", tras recordar o importante número de galegos que emigraron a outros países, maioritariamente de Latinoamérica, como Cuba e Arxentina, en plena ditadura franquista, o que orixinou "unha simbiose" entre ambas as dúas culturas.
Facendo alusión a outro escritor de renome, Eduardo Blanco Amor, Neira Vilas -que emigrou a Bos Aires e Cuba- destacou o carácter "poroso" dos galegos á hora de incorporarse e involucrarse aos diferentes aspectos da vida noutros países.

"Os galegos non chegamos a un lugar e instalámonos. Temos que incorporarnos á vida de alí, aos sindicatos, organizacións políticas, ás bandas de música," abundou.
Así, destacou a participación de galegos na Guerra da independencia en Cuba.
En canto á súa última obra "Memoria gráfica", realizada por solicitude do editor, segundo el mesmo confesou, este pontevedrés resaltou que se trata dun traballo que se levou a cabo en tres meses, pero "moi bonito" e "moi informativo".
Por outra parte, resaltou o espírito dos galegos á hora de trasladar a cultura autóctona a outros países, por esa "morriña galega" que "nos fai crear escolas e realizar actividades alí".
En Bos Aires, nos seus mellores tempos, destacou que chegou a haber "65 grupos de gaiteiros" e ata once bandas de música.
En canto á literatura, recordou que algunhas das obras máis representativas da literatura galega como Follas Novas" de Rosalía de Castro, "Sempre en Galiza" de Castelao e "A Esmorga" ou "Memorias dun neno labrego", saíron de alí, da emigración. EFE

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas