GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A batalla dos emigrantes retornados intensifícase en Boiro

(17/01/2014)

A batalla dos emigrantes retornados intensifícase en Boiro

Mañá hai unha asemblea onde se fixará un calendario de mobilizacións

A plataforma de emigrantes retornados insistiu onte en tres puntos. Primeiro, indicou que nas propias oficinas de Facenda sempre se lles dixo que non tiñan que tributar polas pagas do estranxeiro para evitar a dobre imposición, xa que xa lles descontaban unha cantidade nos países que lles pagaban. En segundo lugar, a plataforma incidiu en que no ano 2006 modificouse a lei e pasaron a ter que cotizar se cobraban máis de 11.000 euros -mentres que para as pensións españolas a cantidade é de 22.000 euros-, pero que esa norma non se aplicaba. Para rematar, concluíron o seguinte: «A partir do 2012, sen previo aviso, empézanse a cobrar atrasos e aplicarse multas. O cal é unha inxustiza total».

Ante este panorama, mañá darán luz verde a unha serie de actos reivindicativos. Prevén recoller firmas, manifestarse e non descartan recorrer á Xustiza. De todo iso darase conta na asemblea, á que se prevé que acudan numerosos afectados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas