GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O 91% dos emigrantes españois teñen estudos universitarios

(14/01/2014)

O 91% dos emigrantes españois teñen estudos universitarios

O idioma, a busca de aloxamento e de traballo son uns dos maiores retos aos que se enfrontan.

Paula Domínguez Gallego 13/01/2014. Mirada 21




Unha enquisa do Real Instituto Elcano que foi realizada a finais do 2013 proporciona novos datos sobre a emigración en España en situación de crise.

A enquisa foi realizada a 1.182 españois que emigraron despois do ano 2007. O 91% dos emigrantes nacidos en España teñen estudos universitarios, o 31% son enxeñarías.

Cando se lles preguntou polas razóns que lles impulsaron á emigración, un 48% respondeu que non ven futuro no país, o 32% parar mellorar a súa formación e o 30% por estar no paro.

Ademais a enquisa ofrece máis datos como que un 14% afirmaba estar a traballar por un salario moi baixo, un 19% si estaba a traballar pero non lle proporcionaba unha mellora profesional e o 14% opinaba que España ten unha mala calidade de vida. O 27% afirmou que emigraba para vivir novas experiencias.

Nos países de destino dos emigrantes, moitos opinan que o idioma é un dos maiores retos aos que se enfrontan (48%), xunto coa busca de emprego e aloxamento (29%).

A enquisa indica que sete de cada dez dos emigrantes está traballado, dos cales un 21% gaña entre mil e dous mil euros ao mes, un 11% sen ingresos, un 13% "mileurista" e un 15% que está a gañar máis de 4000 euros mensuais.

Un 6% dos enquisados continúa os seus estudos fóra de España e un 11% continúa buscando emprego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas