GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os españois, os terceiros europeos máis expulsados de Bélxica

(13/01/2014)

Os españois, os terceiros europeos máis expulsados de Bélxica

A Oficina de Estranxeiría retirou o permiso de residencia a 323 españois por abusar das axudas sociais

 

A Oficina de Estranxeiría belga retirou o permiso de residencia a 323 españois en 2013 ao considerar que xa non cumprían cos requisitos esixidos, como contar cun contrato laboral, ser estudante ou ter actividade como autónomo. Con esta decisión, Bélxica pretendía evitar que supuxesen unha carga esaxerada para as arcas da Seguridade Social belga.

Os españois ocupan o terceiro lugar en número de expulsións, só por detrás de romaneses e búlgaros. En total, Bélxica expulsou ao longo do ano pasado a un total de 2.712 cidadáns europeos por estas razóns, o que supón un incremento respecto de 2012, cando retirou o permiso de estancia no país a 2.407 persoas procedentes doutro Estado membro, segundo o informe difundido este venres pola Oficina de Estranxeiría de Bélxica.

Os cidadáns europeos teñen dereito á liberdade de movemento dentro do territorio da Unión Europea, pero deben cumprir unha serie de requisitos durante a súa estancia nun Estado membro alleo ao de orixe.

Tanto en 2012 como en 2013, romaneses, búlgaros e españois foron os máis afectados por estas decisións. Así, en 2013 foron expulsados 816 romaneses, 393 búlgaros e 323 españois, seguidos de holandeses (305), italianos (265) e franceses (176). Un ano antes, os romaneses foron os máis afectados (700), seguidos de españois (336) e búlgaros (282).

A Oficina de Estranxeiría de Bélxica explicou que a razón principal para retirar estes permisos ten que ver con «a carga pouco razoable para o sistema social» que supoñen estes cidadáns, ao non cumprir coas condicións que se esixen aos europeos. Entre os requisitos para o permiso de estancia, engade ese organismo, figura contar cun contrato de traballo, ser estudante, ter actividade como autónomo ou ter dereito a prestación por desemprego.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas