GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Carballo. Os emigrantes abren as portas de Perú ás empresas da zona

(08/01/2014)

Os emigrantes abren as portas de Perú ás empresas da zona

O vicepresidente do Centro Galego mantivo un encontro en Carballo

 

Un grupo de empresarios da comarca e de autoridades, tanto locais como autonómicas, déronse cita onte en Carballo para participar nun encontro galaico peruano no que estivo presente tamén o vicepresidente do Centro Galego do Perú, o malpicán Luis Novo Arcay, que se atopa estes días en Galicia gozando dunhas breves vacacións.

A reunión, celebrada ao mediodía nun dos restaurantes do polígono de Bértoa e promovida polo empresario carballés Rogelio Antelo, serviu para realizar un intercambio de impresións sobre as oportunidades de negocio no país andino, e para que Novo solicitase da Xunta -representada polo subdirector de Emigración, Ramón Brigos, e polo director da área de Internacionalización do Igape, Abel Veiga- apoio para a súa entidade.

 

Compartir experiencias

«Perú é un país que está totalmente en alza e que presenta moitas oportunidades, sobre todo no sector da construción, da minería e dos servizos», explicou Novo, nacido na localidade peruana de Chimbote -como outros moitos fillos de emigrantes de Malpica- e que tras regresar a Galicia fai xa máis de tres decenios, emprendeu hai tres anos o traxecto de volta ao país andino como responsable da empresa de grupos electrógenos Genesal.

Así, mostrouse disposto a compartir a súa experiencia e a asesorar a aqueles empresarios da comarca que queiran seguir os seus pasos e explicou que o Centro Galego en Perú podería servir de punto de encontro para eses industriais. Con todo, sinalou que para poder exercer esta función é preciso que dispoña dunha sede propia e máis ampla -na actualidade ocupa un local alugado dentro do Centro Español de Lima- e para iso reclamou a axuda da Xunta.

Novo valorou positivamente a resposta ofrecida tanto por Brigos como Veiga e apuntou que ambos os responsables autonómicos lle mostraron o seu apoio institucional.

O deputado autonómico Aurelio Núñez, presente tamén no encontro de onte, destacou o papel que pode xogar o Centro Galego como ponte para os empresarios galegos e sinalou así mesmo que a reunión permitiu a Abel Veiga, que se ocupa da área de Internacionalización do Igape desde fai só uns poucos meses, ter unha primeira toma de contacto co empresariado da comarca.

 

Próximos encontros

Tamén acudiu a reuniuna o concelleiro de Promoción Económica de Malpica, Alfredo Cañizo, quen propuxo que este primeiro encontro galaico peruano teña continuidade e ofreceuse a que a próxima edición teña lugar no seu municipio. Novo mostrouse disposto tamén a promover outro encontro similar en terras andinas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas