GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Dous pensionistas retornados logran que lles devolvan diñeiro

(20/12/2013)

Dous pensionistas retornados logran que lles devolvan diñeiro

 

A batalla emprendida na rúa e as institucións polos emigrantes retornados que perciben pensións do estranxeiro acaba de dar os seus primeiros froitos na Costa da Morte.

Unha veciña de Muxía que tiña recoñecida unha incapacidade do 100 % en Suíza logrou que Facenda lle devolva os 12.500 euros que pagara dos exercicios 2008-2013 e, ademais, non terá que abonar os 6.150 euros de multa e recargas.

De igual modo, un carballés que traballou nun hospital público de Delémont, tamén en Suíza, queda exento de pagar os 18.600 euros que lle reclamaban, porque este suposto, o dos empregados públicos, do mesmo xeito que o das incapacidades totais, están exentos da tributación e o fisco español recoñece agora o seu erro.

Para o tesoureiro da asociación que representa aos emigrantes na Costa da Morte, José María Rocha, «esta é a proba de que para conseguir algo hai que loitar e máis un motivo de alegría porque supón que o traballo feito dá os seus froitos».

Rocha sinala que teñen interpostas unhas 70 reclamacións deste tipo aínda que cre que serán moitas máis porque dos 25.000 afectados que hai en Galicia só recibiron a esixencia de pagamento un 3 % e o resto están a expensas de que lle poidan chegar proximamente.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas