GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Barbanza. Reclaman ata 23.000 euros a emigrantes retornados da zona

(18/12/2013)

Reclaman ata 23.000 euros a emigrantes retornados da zona

Facenda cobra atrasos, multas e intereses por pensións do estranxeiro

Escrito por:

18 de decembro de 2013  

Facenda segue pisando o acelerador cos emigrantes retornados. Na comarca está a enviar cartas de forma masiva para reclamarlles o pagamento de atrasos, intereses e multas por pensións que cobran do estranxeiro polas que non cotizaran -algúns preguntaran en Facenda e dixéranlles que non tiñan que pagar-. Hai veciños aos que lles reclamaron e que xa abonaron ata 23.000 euros. A situación asfixia a moitas familias. Por iso é polo que onte, que había unha convocatoria de manifestación diante do Parlamento, de Barbanza partisen dous autobuses de afectados, así como numerosos coches particulares. «Hai que intentar parar isto como sexa, é un atraco», sinalaba onte un prexudicado da comarca noiesa.

Aínda que as reclamacións de Facenda están a sucederse desde mediados de ano, os afectados tardaron en mobilizarse. Agora, en Barbanza xa hai constituídas dúas plataformas; unha na zona noiesa e outra en Arousa norte. En ambos os casos, tense constancia de afectados que xa pagaron máis de 20.000 euros. Hai dous exemplos significativos. Un, o de Benito Villaverde, veciño de Outes, ao que lle foron reclamando distintas cantidades e xa abonou a Facenda 16.500 euros, pero lle seguen chegando cartas e, onte, con voz compungida, dicía: «Eu non sei a onde vai chegar isto. Levo meses recibindo cartas e aínda teño pendente de entregar 2.500 euros. A miña vida, aos 70 anos, e despois de estar separado da familia máis de vinte anos, estase convertendo nun inferno. Estou tomando un tratamento para os nervios porque non podo aguantar o que está pasando».

Outro dos casos máis rechamantes é o de Ramón Dieste, de Boiro, que estivo emigrado en Alemaña, Bélxica e Italia, cobra pensións polos tres países, e reclamáronlle 23.000 euros, que xa abonou. «Pagueino como puiden, pero é terrible que pase isto», sinalaba onte.

 

Seguir loitando

Por suposto, Benito Villaverde e Ramón Dieste eran dúas das persoas que conformaban o exército de afectados que onte, sobre as dúas da tarde, partiron desde Barbanza cara a Santiago para protestar. A súa intención era concentrarse enfronte do Parlamento e tocar os máis variados instrumentos para escenificar o seu malestar. E así se fixo. «Deixamos ben claro que nos opoñemos a isto», dicía Xoán Patiño, portavoz de la plataforma noiesa. «A xente está moi enfadada, eramos unhas dúas mil persoas protestando», engadía Xosé Deira, unha das persoas que axudou a formar a plataforma de Arousa norte.

De momento, non hai previstas máis protestas. Pero ningún dos prexudicados parece disposto a deixar morrer a loita.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas