GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Día Internacional do Migrante

(18/12/2013)

Día Internacional do Migrante
18 de decembro






A migración internacional creceu de xeito notable dende o comezo deste século e calcúlase que na actualidade uns 232 millóns de persoas buscan en países distintos ao seu novas oportunidades de mellorar a súa vida e desenvolver os seus coñecementos. Arredor da metade dese colectivo son mulleres.

No
Diálogo de Alto Nivel Dedicado á Migración Internacional e o Desenvolvemento, en outubro de 2013, os Estados membros adoptaron por unanimidade unha Declaración Documento PDF  na que recoñecen a contribución importante da migración ao desenvolvemento e chaman a unha cooperación máis ampla para afrontar os retos da migración irregular e facilitar un fluxo de persoas seguro, ordenado e regular. A Declaración tamén resalta a necesidade de respectar os dereitos humanos dos emigrantes e de promover as normas internacionais de traballo. Ademais, condena de xeito firme as manifestacións racistas e intolerantes e resalta a necesidade de mellorar a percepción pública sobre os emigrantes e a migración

No seu informe á Asemblea Xeral en outubro de 2013, o Secretario Xeral expuxo un ambicioso plan de oito puntos para lograr «que a migración beneficie» a todos: aos emigrantes, ás sociedades de orixe e tamén ás de destino. «A migración é unha expresión da aspiración humana pola dignidade, a seguridade e un futuro mellor. É parte do tecido social, da nosa condición como unha familia humana,» manifestou o Secretario Xeral nas súas observacións.

O 4 de decembro de 2000 a Asemblea Xeral, ante o aumento dos fluxos migratorios no mundo, proclamou o Día Internacional do Migrante (
resolución 55/93 Documento PDF). Dez anos atrás, nese mesmo día en 1990, a Asemblea xa adoptara a Convención internacional sobre a protección dos dereitos de todos os traballadores migratorios e dos seus familiares (resolución 45/158 Documento PDF).

Os Estados Membros da ONU, así como organizacións intergobernamentais e non-gobernamentais, celebran este Día Internacional difundindo información sobre os dereitos humanos e liberdades fundamentais dos emigrantes, o resultado das súas experiencias e novas medidas que poden implementarse para protexelos.

Actúa con #SoyunMigrante

No Día Internacional do Migrante cidadáns de todo o mundo poden participar por Internet das seguintes formas:

A partir do 13 de decembro comparte fotos e videos ligados ás túas historias persoais acerca de como os emigrantes contribuíron de forma positiva ás comunidades e ás economías a nivel mundial. Podes sumarte á conversación en Facebook e Twitter usando #SoyunMigrante. Entre o 13 e o 18 de decembro as túas fotos e historias presentaranse na páxina de
Storify de la ONU Disponible en inglés.. Explora as numerosas voces de emigrantes na páxina multimedia Disponible en inglés.

Comparte estes atractivos materiais de promoción do Día Internacional do Migrante coas túas redes!

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas