GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

F.Díaz: Todos os Estados da UE deben afrontar a inmigración irregular

(18/12/2013)

F.Díaz: Todos os Estados da UE deben afrontar a inmigración irregular

La Vanguardia

Mércores, 18 de decembro 2013

Madrid, 17 decembro (EFE).- O ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, asegurou hoxe que corresponde a todos os países da UE o afrontar "de forma solidaria" o problema da inmigración irregular por vía marítima.

O ministro pronunciouse deste xeito no Pleno do Senado á pregunta do senador da Entesa Joan Sabaté sobre as propostas que levará España ao próximo Consello Europeo en relación coas crises migratorias no Mediterráneo.

Fernández Díaz afirmou que a posición española no Consello será "especialmente intensa e especialmente escoitada" polo conxunto da UE, xa que España xunto con Francia "lidera a nivel Mediterráneo" a posición para loitar contra o fenómeno da inmigración irregular por vía marítima.

Sinalou que dende a traxedia de Lampedusa "se creou maior conciencia se cabe" na UE, tras o que engadiu que España ten unha "amplísima experiencia" neste ámbito pola chamada "crise dos cayucos" en 2006, cando chegaron a Canarias máis de 30.000 inmigrantes e "non poucos" morreron nas augas do Atlántico.

A partir de entón, dixo o ministro, fixéronse as cousas ben e como exemplo indicou que o pasado ano chegaron "escasamente" 200 inmigrantes de forma ilegal a Canarias por vía marítima.

O senador da Entesa recordou que mañá é o Día Internacional do Migrante e emprazou aos países da UE a tomar medidas e resolucións para solucionar este problema porque pola contra farían un "fraco favor" ao respecto dos dereitos humanos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas