GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Seguridade Social perdeu 45.266 afiliados estranxeiros en novembro

(17/12/2013)

A Seguridade Social perdeu 45.266 afiliados estranxeiros en novembro

A afiliación de estranxeiros encadea seis meses á baixa tras ter perdido uns 100.000 cotizantes desde xuño

 

A Seguridade Social perdeu 45.266 cotizantes estranxeiros en novembro, un 2,8% en relación a outubro, ata situarse o número de inmigrantes en alta en 1.545.170 ocupados, a súa cifra máis baixa en anos, informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Co descenso de novembro, a afiliación de estranxeiros encadea seis meses á baixa tras ter perdido uns 100.000 cotizantes desde o pasado mes de xuño.

Do total de inmigrantes en alta ao finalizar o pasado mes de novembro, 1.316.982 cotizaban ao Réxime Xeral; 223.671 ao de Autónomos; 4.213 ao do Mar, e 306 ao do Carbón.

En termos interanuais, a afiliación de estranxeiros á Seguridade Social baixou en 118.504 cotizantes, un 7,1%, taxa que contrasta co -1,44% do conxunto do sistema.

Segundo Emprego, estes datos constatan que se mantén a tendencia xa apuntada nos meses anteriores de que a perda de emprego está a afectar con maior intensidade aos traballadores estranxeiros que aos nacionais.

Comunidade Valenciana e Andalucía foron as comunidades que rexistraron o maior incremento intermensual de cotizantes estranxeiros, con avances do 3,5% e do 2%, respectivamente, seguidas de Murcia (+1,6%) e Canarias (+1,1%), xa que no resto de rexións rexistráronse descensos.

Do total de afiliados estranxeiros existente a finais de novembro, 957.571 procedían de países extracomunitarios, mentres que 587.599 ocupados proviñan de países da UE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas