GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Radiografía do mercado alemán

(17/12/2013)

Radiografía do mercado alemán

Un curso da UNED en Ourense desentraña a complexidade do sistema xermano. Os emigrantes galegos acharán en Berlín un férreo control impositivo. Tributarán tamén polos seus ingresos e patrimonio en España

Setenta residentes emigran cada día de Galicia en busca dun traballo, e moitos elixen como destino Alemaña, un país complexo cuxas interioridades desentrañou na UNED de Ourense Luis Gulín, experto en dereito, comunicación e comercio exterior. Alí impartiu esta semana o curso O mercado laboral en Alemaña, do que a continuación se detallan algunhas claves que poden orientar a quen están preparando as maletas.

 

Seguridade Social. En España é un concepto único, pero en Alemaña sostense sobre cinco alicerces: seguro médico, de accidentes (a cargo do empresario), de desemprego, de pensións e de dependencia.

 

Sanidade. O sistema de saúde é moi distinto ao español. Non existen os ambulatorios. O usuario elixe un médico privado que o deriva a un especialista ou a un hospital cando é preciso. Hai dous xeitos de ter un seguro sanitario: privado ou público. O público está asociado a unha mutua federal e o privado, a tradicionais corporacións como Allianz ou Axa. Pero non se pode dispor á vez de seguro público e privado; hai que elixir. En función do que se contrate, o médico na consulta aplicará o correspondente desconto. Os emigrantes que cheguen a Alemaña deben ter en conta que é un Estado federal, de maneira que se un reside en Baviera e é hospitalizado en Westfalia, ninguén terá acceso ao seu historial médico, clave no caso de enfermos crónicos.

 

Prestacións sociais. As embarazadas aseguradas poden deixar de traballar seis semanas antes do parto e, tras este, poderán seguir de baixa ata oito semanas. Os traballadores que contraian enfermidades incapacitantes recibirán o subsidio correspondente (o 70 % do salario bruto durante 78 semanas como máximo). As familias teñen dereito a gardería infantil ou coidadora para os fillos a partir do primeiro ano de vida. Se os coidan en casa recibirán 100 euros ao mes por neno ata os 3 anos. Ademais, o Estado outorga 184 euros ao mes polos dous primeiros fillos ata que cumpran 18 (25 se seguen estudando). Polo terceiro, 190.

 

Declaración da renda. Tribútase polo total dos ingresos e o patrimonio xerado en todo o mundo (por exemplo, negocios en España). Declárase a partir de 183 días no país, e o mínimo exento anual é de 8.130 euros. o formulario é complejísimo e require a axuda dun asesor fiscal. Os adestradores deportivos e culturais (de calquera pequeno club ou asociación) teñen ata 2.400 euros anuais exentos de declaración.

 

Impostos. Os membros da Igrexa pagan o canon eclesiástico, entre o 8 e o 10 % do total do imposto sobre a renda, e descóntase da nómina. Por ser membro dun sindicato (moi usual alí) achégase o 1 % do soldo mensual. Págase ademais un suplemento de solidariedade para financiar a reconstrución de Alemaña do Leste, que é o 5,5 %. Estes descontos, sempre sobre a nómina.

 

Prestación por desemprego. Aquelas persoas que teñan cotizado polo menos 360 días nos dous últimos anos anteriores ao paro poden percibir a prestación, cuxa duración depende do tempo cotizado e a súa contía ascende a un 60 % do salario neto, podendo chegar ao 68 % por fillo a cargo.

 

Un caso práctico. Un casado con cónxuxe e sen fillos, cun soldo de 3.916,66 euros brutos ao mes, detraería da súa nómina 453, 83 euros para Facenda, máis 24,79 do imposto de solidariedade, 789,09 da Seguridade Social, 304,43 do seguro por enfermidade, 389,71 do de pensións, 58,75 do de desemprego e 36,20 do de dependencia. Cobraría realmente 2.651,95 euros ao mes, un 32,2?% menos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas