GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Balance da situación da poboación inmigrante en 2013

(17/12/2013)

Balance da situación da poboación inmigrante en 2013

Segundo a Red Acoge a situación dos inmigrantes que chegan a España empeorou en 2013

www.parainmigrantes.info 16 de decembro de 2013

O próximo día 18 de decembro celébrase o Día Internacional da Poboación Emigrante e a Red Acoge realizou un interesante balance sobre a situación durante o ano 2013 das persoas inmigrantes en España.

A sanidade, o incomprensible atraso dun regulamento para os Centros de Internamento para Estranxeiros, o reforzo dos valos fronteirizos coa instalación de coitelas e as denegacións e demoras na concesión de asilo ás persoas que foxen de conflitos armados, son as cuestións que máis preocupan á organización e os temas que centraron a maioría da súa análise.

A actual situación de crise económica está a supoñer un recorte de dereitos para a poboación en xeral. Non obstante, son os grupos tradicionalmente máis vulnerables os que tamén esta vez se están a ver prexudicados de xeito máis dramático.


A consecuencia de certas medidas está abocando a miles de persoas á exclusión social, non só a aquelas que se encontren en situación administrativa irregular, senón tamén a quen, a pesar de contar cunha dilatada traxectoria de migración e polo tanto de integración en España, sofren os efectos da crise económica e deveñen en situación irregular.

En 2013 continuouse estigmatizando a este colectivo e distinguindo á cidadanía en categorías desiguais segundo o acceso aos dereitos, o que redundou nun aumento da brecha da desigualdade, do racismo e a intolerancia.

Para Red Acoge, catro son os puntos máis preocupantes, aspectos que van directamente en contra dos artigos 13 e 14 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos:


1. Exclusión sanitaria

Dende a aprobación do Real Decreto-Lei 16/2012, asistimos a un escenario de exclusión sanitaria de persoas en situación administrativa irregular e que, en consecuencia, se encontran nun contexto de maior vulnerabilidade. O acceso á atención sanitaria nunca debería ter deixado de ser universal e a súa recuperación resulta fundamental.

Limitar o acceso á sanidade é unha forma de acernar o dereito á saúde, o cal se relaciona co dereito fundamental á vida e a vivir con dignidade de todas as persoas. Esas persoas teñen a posibilidade de contratar coa Administración unha póliza que lles permita ser atendidas na rede pública sanitaria, aínda que Red Acoge considera que iso non supón unha solución real.

2. Centros de Internamentos de Inmigrantes (CIE)

A detención indiscriminada de persoas estranxeiras en situación administrativa irregular, sen valorar previamente as súas circunstancias particulares e a existencia doutras medidas alternativas, foi unha constante nos últimos anos. Centos de persoas pasaron polos CIE en 2013, aínda que non existen cifras públicas anuais sobre estes centros.

A detención e o ingreso nun CIE deben ser medidas absolutamente excepcionais, que deben adoptarse só cando non existan medidas alternativas. Red Acoge ten constancia de que se están a internar persoas pertencentes a grupos vulnerables, como potenciais refuxiadas, mulleres vítimas de trata de seres humanos, menores ou proxenitores con menores españois ao seu cargo.


3. Agravamento das instalacións fronteirizas

O pasado mes de novembro, o Ministerio do Interior tomo a decisión de reforzar os valos de Ceuta e Melilla coa colocación dunhas coitelas (concertinas) coa intención de servir como medida disuasoria á chegada de persoas inmigrantes.

As coitelas poden chegar a poñer en risco a vida de moitos homes e mulleres inmigrantes, así como dificultando que poidan solicitar protección internacional no seu intento de acceder a territorio español e europeo

 

4. Denegación e demora na concesión de asilo

En España non se está a responder coa debida dilixencia ás solicitudes de asilo de persoa que foxen de situacións en conflito. Mentres que o pasado ano se chegaron a conceder 565 solicitudes de asilo, estímase que a cifra en 2013 descenda, segundo os datos manexados por organizacións como Amnistía Internacional.

Red Acoge lamenta que non se estea a facer todo o posible por facilitar a chegada desa persoas, moitas delas procedentes de países como Sirya, onde se estima que xa hai uns 2,3 millóns de persoas fuxidas do país.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas