GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda visita os centros galegos da Comunidade de Madrid

(16/12/2013)

Miranda visita os centros galegos da Comunidade de Madrid

Redacción, Madrid | 13 Decembro 2013 - Crónicas da Emigración

A punto de cumprir o seu primeiro ano no posto, o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, completa o percorrido polas Comunidades Autónomas que contan cun maior número de emigrantes galegos cunha visita aos centros e casas das cidades da periferia de Madrid, e da propia capital, se ben xa noutras ocasións visitara algunhas destas entidades.

En primeiro lugar, asiste este venres pola noite ao tradicional concerto benéfico organizado polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid, e no que participan os centros da diáspora en Alcalá de Henares, Villalba de Madrid, Móstoles, Alcobendas, ademais da propia cidade de Madrid, no Centro Cultural Eduardo Úrculo. Trátase dun evento anual solidario, unha proba máis da capacidade e vontade de integración dos galegos na capital española.

Rodríguez Miranda aproveitará despois a súa estanza para coñecer fisicamente as sedes das comunidades galegas nas cidades da periferia madrileña, e saudar persoalmente os socios dos centros de Móstoles e Alcobendas, ademais do de Fuenlabrada, antes de regresar a Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas