GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Manuel Barros cesa como delegado da Xunta en Montevideo por motivos persoais

(13/12/2013)

Manuel Barros cesa como delegado da Xunta en Montevideo por motivos persoais

Redacción, Santiago | 12 Decembro 2013 - Crónicas da Emigración

Manuel Barros.

 

Manuel Barros

O Consello da Xunta aprobou o cesamento do delegado do Goberno galego en Montevideo, Manuel Barros, que abandona o cargo por petición propia e por motivos persoais e profesionais. Ata que se nomee ao seu sucesor, as súas funcións serán delegadas ao seu homólogo en Bos Aires, Alejandro López Dobarro.

Dende o ano 2009 Manuel Barros estivo á fronte da delegación uruguaia da Xunta de Galicia, onde desenvolveu un importante traballo tanto na atención á cidadanía galega como no fomento da lingua e da cultura de Galicia, o impulso ás relacións económicas entre Galicia e Uruguai e a cooperación ao desenvolvemento neste territorio.

Manuel Barros é natural da Estrada, aínda que dende hai máis de 30 anos vive en Uruguai, onde se labrou unha exitosa carreira como empresario e estivo sempre moi implicado nas actividades da diáspora galega no país. Precisamente, antes de ser delegado da Xunta foi directivo do Centro Galego e do Club Español durante dez anos e do Fogar Español durante outros quince.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2019
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas