GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Feaer convoca a unha concentración nas delegacións provinciais de Facenda o día 18

(13/12/2013)

A Feaer convoca a unha concentración nas delegacións provinciais de Facenda o día 18

Redacción, Vigo | 11 Decembro 2013 - Crónicas da Emigración

A Federación Española de Asociacións de Emigrantes Retornados (Feaer) convoca aos pensionistas afectados polas reclamacións da Axencia Tributaria a sumarse á concentración que convocan para o próximo 18 de decembro, Día Internacional do Emigrante, en todas as delegacións provinciais de Facenda a nivel nacional.

A presidenta da Feaer, Eva María Foncubierta, asegura nun comunicado que o colectivo afectado polas medidas da Axencia "nunca se negou a regularizar a súa situación", senón que consideran "inxusto a imposición de multas, sancións e intereses de demora".

Dende hai uns meses, cidadáns españois están a recibir comunicados da Axencia Tributaria en que se lles anuncia o inicio dun "expediente de xestión tributaria de comprobación limitada", aclara Foncubierta para quen, a motivación dos devanditos requirimentos é "a non declaración de pensións que percibiron do estranxeiro dende o ano 2008, último non prescrito. Tamén se lles notificou, a algúns deles, as comprobacións de anos posteriores e o inicio dun expediente sancionador por non declarar, no seu día, a renda percibida. As multas estanse a estender mesmo aos familiares de emigrantes falecidos", aclara.

"Estas persoas foron emigrantes españois no estranxeiro durante varias décadas, que se viron obrigadas a saír de España por motivos políticos ou económicos, contribuíndo así ao desenvolvemento do noso país, enviando divisas que aínda agora están a entrar en forma de prestacións en España, sendo sustento, a maioría deles, das súas familias debido á conxuntura económica actual", matiza a presidenta da Feaer, quen considera que o colectivo de afectados ten "difícil acceso á información tributaria, que sempre se preocupou por cumprir coas súas obrigas fiscais e ao que repetidamente se lle manifestou por parte da administración tributaria que estaban exentos de declarar no noso país esas rendas procedentes do estranxeiro". "Polo tanto -prosegue-, non existiu intención de defraudar, culpa, nin neglixencia no cumprimento das súas obrigas fiscais, non sendo merecedores de inxustas sancións nin multas por parte do Ministerio de Facenda".

A este respecto aclara que "a Federación Española de Asociacións de Emigrantes Retornados (FEAER), denunciou que a Axencia Tributaria facilitou a estes cidadáns unha información equívoca que os induciu a erro, ao considerar como norma xeral que estas rendas non tiñan que ser declaradas no IRPF,".

Así mesmo, cre necesario que "a axencia tributaria aclare o tratamento fiscal que deben ter estas rendas, para que os emigrantes retornados coñezan con exactitude as súas obrigas fiscais e que se lles facilite regularizar a súa situación".

Propostas

Por todo iso, instan a Axencia Tributaria do Estado a non iniciar ningún expediente sancionador sobre prestacións dos pensionistas emigrantes retornados non declaradas no IRPF e pechar de oficio os expedientes abertos.

Tamén piden desenvolver, por parte do Estado, unha campaña informativa sobre as obrigas tributarias dos emigrantes retornados, así como o tratamento fiscal das rendas e prestacións que reciben.

Demandan a ampliación dos prazos tanto referente ao período de pagamento como á contía a liquidar, interese cero, permitindo dese modo a regularización da situación do pensionista emigrante coa Administración de facenda da forma menos dolosa posible.

Por último, piden manter os criterios de interpretación dos convenios bilaterais en materia fiscal que se tiveron ata o momento de iniciar os requirimentos, que na práctica supoñían que estas pensións estaban exentas de tributar no noso país.

Independentemente de ser consideradas estas propostas, a Feaer considera necesario que o Ministerio de Facenda promova os cambios normativos necesarios para a modificación de leis fiscais para pensións procedentes do estranxeiro, tendo en conta a súa particularidade e a súa natureza.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas