GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes retornados de Suíza celebraron o seu reencontro anual en Santa Comba

(10/12/2013)

Emigrantes retornados de Suíza celebraron o seu reencontro anual en Santa Comba

Escrito por:

10 de decembro de 2013  

A Santa Corda acudiron emigrantes desde toda Galicia. j.m. montes

 

Unha nutrida representación da diáspora retornada de Suíza puido estreitar os seus lazos de unión e amizade durante o encontro celebrado o pasado fin de semana en Santa Comba. Alí reuníronse máis de 125 emigrantes retornados e procedentes de toda Galicia, e incluso algún residente en Asturias, aínda que o groso o eran das comarcas do Xallas e Bergantiños, segundo relata o seu organizador, Luis Maroñas.

A do 2013 foi a terceira ocasión que este encontro anual tivo como marco a capital de Xallas, no restaurante Leandro, cunha comida ao grande, incluída unha actuación musical.

«Levamos once anos celebrando este encontro antes do Nadal, que en Santa Comba xa se celebrou a primeira vez non ano 2002 e logo ao ano seguinte. Despois, foi rotando por outros lugares como Carballo, Forcarei, Caldas, Vilalba ou Padrón», conta Luis Maroñas. Dentro dun ano volverán reunirse, pero esta vez noutro lugar da xeografía galega, concretamente en Lugo.

Maroñas, quen foi emigrante no Cantón de Berna e impulsor do evento no ano 2002, relata que contaron coa participación do presidente do Centro Galego de Berna, José Ramón Varela, oriúndo da zona de Bergantiños, quen xa organizou este encontro en dúas ocasións anteriores en Carballo. Asegura que o encontro serviu para «recordar os nosos anos en Suiza, ao tempo que tratamos das nosas inquedanzas», entre as que se atopan a polémica obrigación tributaria con efectos retroactivos impulsada por Facenda, unha medida que causou moito malestar entre a numerosa colonia galega na diáspora, máxime en Suíza, país no que aínda permanecen fillos e descendentes dos retornados reunidos en Santa Comba.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas