GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Novagalicia ten 9 oficinas no exterior que xestionan o 8,5% dos seus depósitos

(09/12/2013)

Novagalicia ten 9 oficinas no exterior que xestionan o 8,5% dos seus depósitos

As sucursais do estranxeiro están recoñecidas como corazón do negocio no plan de recapitalización

A.F. VIGO economia@atlantico.net -08-12-2013

O negocio internacional de Novagalicia Banco é un feito diferencial da entidade e que está entroncado coa emigración galega, ata tal punto que as oito oficinas de representación máis a oficina operativa de Xenebra están recoñecidas como parte do corazón do negocio no plan de recapitalización, o que os financeiros chaman "core".

La red exterior es clave en el negocio de Novagalicia Banco.
A rede exterior é clave no negocio de Novagalicia Banco.


Pero non é unicamente algo sentimental que ten que ver coa emigración, senón que dende esas nove oficinas se xestiona unha parte importante do negocio do banco, o 8,5% dos depósitos totais da entidade, a 30 novembro uns 2.100 millóns de euros, e atenden 75.823 clientes non residentes, nada menos que o 21% dos residentes galegos no exterior. Así que é unha rede consolidada e que xustifica unha parte significativa do valor do banco.

Novagalicia mantén oito oficinas de representación e unha operativa e a primeira oficina no exterior data de 1986. As oficinas de representación están en París, Zúrich, Frankfurt, Londres, Bos Aires, Caracas, México C.F. e Miami. A operativa está situada en Xenebra e tamén fai funcións de oficinas de representación.

As oficinas de representación son puntos de servizo aos clientes non residentes e actúan como xanelas desprazadas da rede galega para atender en proximidade a persoas físicas de orixe galega residentes no exterior e todos os saldos deses clientes se asintan en oficinas operativas de España, basicamente na rede galega. Ademais, a oficina operativa de Xenebra contabiliza o seu propio negocio e dá servizo ademais a persoas físicas e xurídicas suízas.

Integrado na rede galega, un equipo de xestores especializados na xestión de clientes non residentes apoia ás oficinas da rede exterior.

Suíza é onde Novagalicia ten máis clientes no exterior, con máis de 20.600, e séguelle Venezuela con 13.900. Reino Unido é o terceiro destino por número de clientes con 8.200 e séguelle Francia con outros 8.000. Arxentina rexistra 6.100 clientes, mentres que en Estados Unidos e en México roldan os 5.000 cada un deses países. Máis de 6.000 están en Arxentina, 4.800 en Alemaña, 3.200 en Brasil e 608 en Panamá.

Todos os clientes de Novagalicia en Europa poden enviar efectivo a España a través dos instrumentos de xiro implementados nas oficinas de representación. Estes xiros realízanse a través de acordos con organismos locais e o prazo de aboamento é de 48 horas e gratuíto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas