GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo realiza esta semana a súa primeira viaxe oficial a Cuba para visitar a colectividade

(03/12/2013)

Feijóo realiza esta semana a súa primeira viaxe oficial a Cuba para visitar a colectividade

Redacción, Vigo | 02 Decembro 2013 - Crónicas da Emigración

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, viaxa a Cuba esta semana co obxectivo de reforzar o apoio do Executivo autonómico aos 38.000 galegos que residen na illa. O titular da Xunta mantivo recentemente en Santiago de Compostela un encontro co embaixador de Cuba en España, Eugenio Martínez Enríquez, ao que asegurou que visitará á colectividade galega que reside no país co obxectivo de coñecer a súa situación e as súas demandas.
Con esta visita, o Goberno galego pretende que a Xunta poida dar continuidade á permanente defensa dos intereses sociais e asistenciais dos galegos que residen no país caribeño.
Outro dos obxectivos da visita do presidente autonómico a Cuba será fomentar a unión entre as entidades galegas radicadas na illa, tal e como anunciou recentemente o presidente autonómico durante a reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, celebrado o pasado día 15 en Santiago de Compostela. Trátase de avanzar nun proceso que xa materializou a colectividade galega afincada en Cataluña e que, tamén, prevén levar a cabo neste ano 2013 centros de emigrantes en Alemaña, Venezuela ou Arxentina.
A segunda liña na que se centrará a viaxe de Feijóo será a de fortalecer as relacións de Galicia con Cuba, e con este fin o presidente do Goberno galego manterá encontros institucionais e comerciais de alto nivel.
O titular da Xunta avaliará durante a súa estanza na illa as oportunidades económicas que se abren para Galicia neste país, que se encontra inmerso nun proceso de reformas que ofrece oportunidades de exportación e posibilidades de investimento en sectores estratéxicos como a agricultura, a gandaría, a pesca, as enerxías renovables, a construción pública ou a automoción.
Esta visita a Cuba será a primeira que realizará Feijóo dende que foi elixido presidente da Xunta en 2009, dando continuidade á estratexia de acción exterior de Galicia en Cuba, que iniciou en 1991 o expresidente da Xunta Manuel Fraga, o primeiro mandatario galego en realizar unha visita a ese país.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas