GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda compromete o apoio da Xunta ao proceso de revitalización do Lar Gallego de Pamplona

(03/12/2013)

Miranda compromete o apoio da Xunta ao proceso de revitalización do Lar Gallego de Pamplona

Redacción, Santiago | 02 Decembro 2013 - Crónicas da Emigración

Juan Manuel Campos y Rodríguez Miranda, a la puerta de la entidad.

Juan Manuel Campos e Rodríguez Miranda, á porta da entidade.

O secretario xeral dá Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, completou a súa andaina deste fin de semana a San Sebastián, cunha viaxe ata a capital da veciña Comunidade Foral de Navarra.

En Pamplona visitou o Lar Gallego, onde se reuniu cos socios e tivo a oportunidade de tomarlle o pulso á única comunidade galega existente nesta rexión, que leva máis de sesenta anos divulgando a cultura galega, e organizando todo tipo de actividades sociais e recreativas para irmandar os galegos residentes alí, e estes coa sociedade de acollida.

Rodríguez Miranda comprometeu o apoio do seu departamento, e do resto da Xunta de Galicia, para dar respaldo ao proceso de revitalización que está a vivir a entidade, co obxectivo de atraer ás segundas xeracións e facer que conserven os lazos coa terra dos seus proxenitores, " e axudar así á proxección exterior de Galicia, a consolidar a boa imaxe que se ten dos galegos aquí, e sobre todo a abrir novas pontes de colaboración futura entre a nosa terra e todos os territorios de España e do mundo", en palabras do secretario xeral.



O Lar

O Lar Gallego de Pamplona foi fundado oficialmente en 1951, aínda que xa dende cinco anos atrás os galegos residentes na capital navarra desenvolveran actividades comúns para sementar a 'galeguidade' na Comunidade Foral. Conta con local social en propiedade, dotado de sala de xuntas, sala de ocio, biblioteca, e amplo salón para ensaios do grupo de danzas, unha das actividades máis salientables do Lar.

A entidade, que preside Juan Manuel Campos Bouzas e á que están adscritas en torno a 400 persoas, está presente en cantas manifestacións culturais se promoven na cidade. A súa actividade social e cultural é recoñecida amplamente polas institucións

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas