GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes reformulan a súa loita

(28/11/2013)

Os emigrantes reformulan a súa loita

 

Os pensionistas afectados polos requirimentos concentráronse onte de novo ante Facenda. m. souto

 

A Plataforma de Emigrantes Retornados da Estrada celebrou onte unha nova concentración ante a delegación estradense da Axencia Tributaria. A participación algo máis escasa que en convocatorias pasadas, pero os concentrados defenderon con igual celo a súa oposición ás multas e atrasos aos emigrantes que non declararon as pensións do estranxeiro. Entre os concentrados estivo o alcalde de Cerdedo, José Balseiros, que escoitou os argumentos e as ejemplificaciones de varios afectados.

Segundo explicou a portavoz da coordinadora, Ana Rodríguez, o colectivo está satisfeito co eco nos medios de comunicación e coa concienciación social do problema. Considera que a materia pendente é a acción política. A pesar das entrevistas con representantes políticos e da Axencia Tributaria «de momento seguen chegando sancións», segundo afirmou Ana Rodríguez.

A próxima concentración local estaba prevista para o día 11 de decembro. No entanto, a próxima semana celebrarase unha reunión da coordinadora galega na que se definirá a liña de acción a seguir a partir de agora e decidirase se se manteñen as concentracións locais ou se opta por mobilizacións a nivel autonómico.

Antes de Nadal está previsto facer entrega ademais de todas as firmas de apoio reunidas en Galicia. A plataforma local xa recolleu na comarca máis de 2.000.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas