GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os españoles de Suíza piden ao ministro Margallo que o consulado de Xenebra siga aberto os sabados

(27/11/2013)

Os españoles de Suíza piden ao ministro Margallo que o consulado de Xenebra siga aberto os sabados

Redacción, Xenebra | 27 Novembro 2013 - Crónicas da Emigración

O Consello de Residentes Españoles (CRE) da demarcacion consular de Xenebra publica no portal Espanoles.ch unha folla de recollida de firmas en contra do cambio de horarios do Consulado Xeral de España en Xenebra, que a partir do 1 de xaneiro pretende pechar os sábados. O presidente do CRE, Francisco Ruiz, lamenta esta decisión así "como que se tomase unilateralmente e sen consulta ao CRE por parte do cónsul".

En opinión do CRE de Xenebra, a actual apertura dos sábados ofrece a mellor solución posible á malloría dos residentes na demarcación consular. "Sen este horario de fin de semana, os cidadáns españoles de Suíza occidental terán que pedir o día libre no traballo para viaxar ao consulado, dado que Xenebra se encontra no extremo do territorio da demarcación e non no seu centro xeográfico," explica Francisco Ruiz.

Ruiz indica que o CRE de Xenebra enviou escritos ao cónsul, Carlos Vinuesa, así como ao ministro de Asuntos Exteriores, Jose Manuel García-Margallo, para manifestar o seu rexeitamento á idea e que a resposta do cónsul "foi decepcionante tanto no fondo coma na forma". O presidente do órgano consultivo da colonia española na rexión indica que "os argumentos nos que se basea o consulado non son de recibo, xa que non cabe comparar un servizo situado nunha cidade distante cos servizos dos concellos suízos, que se encontran a poucos minutos de casa,". Ademais, apunta que o sábado é un dia de "enorme afluencia" de público ao consulado e que "non" se entende que queiran pechar o día de maior demanda".

O presidente confía nas posibilidades de lograr un novo estudo da situación. Anima os cidadáns da rexión a asinar as follas da petición, "para que a Administración entenda o desexo de verse atendidos e non convertidos en víctimas dunha mala xestión", dixo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas