GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O prazo para solicitar as axudas de emerxencia social que concede Emigración finaliza o próximo día 30

(26/11/2013)

O prazo para solicitar as axudas de emerxencia social que concede Emigración finaliza o próximo día 30

Redacción, Vigo | 25 Novembro 2013 - Cronicas de la Emigración

Os residentes no exterior interesados en beneficiarse das axudas de emerxencia social e para a realización de viaxes por razón de interese social, asistencial ou humanitario que concede a Secretaría Xeral de Emigración dispoñen de prazo ata o próximo día 30 de novembro para realizar a solicitude.

Poderán beneficiarse desta iniciativa aqueles cidadáns de orixe galega e nacionalidade española que sexan emigrantes no exterior, así como os seus descendentes de primeiro grao por consanguinidade, empadroados nalgún concello de Galicia que, por razóns de emerxencia social, sanitaria, asistencial ou humanitaria, teñan necesidade de afrontar unha situación desta índole, ou deban desprazarse a Galicia ou ao resto do Estado por situación similar.

Tamén poderán beneficiarse das axudas os galegos residentes en Galicia que sexan familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade de emigrantes galegos, que teñan que desprazarse xunto a eles por causas de carácter asistencial, sanitario ou humanitario.

Para beneficiarse desta iniciativa, os solicitantes deberán ter rendas, ingresos ou patrimonio insuficiente e acreditar razóns de carácter social, sanitario ou asistencial de situacións sobrevidas nun tempo próximo ao da solicitude e que, pola súa gravidade, requiran unha urxente atención ou ter a necesidade de realizar a viaxe para a cal se solicita a axuda por estes motivos.

As persoas interesadas poderán presentar electronicamente as solicitudes na sede electrónica da Xunta de Galicia, na dirección electrónica: https://sede.xunta.es.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas